Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Só o 14% da poboación activa conta con horario laboral continuado europeo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



Segundo un estudo elaborado por Infojobs, ao 76% dos traballadores españois gustaríalle gozar dunha xornada de traballo continua. No que ao horario respecta, o 69% asegura que prefire empezar a traballar antes das 9 da mañá e a xornada laboral máis mencionada (37%) é aquela que arrinca ás 8 da mañá.


A conciliación laboral constitúe un factor clave que as compañías teñen cada vez máis en conta nas súas políticas de empresa para poder atraer e reter talento. A poboación activa demanda un maior equilibrio entre a súa vida familiar, laboral e persoal e ese balance depende, en moitas ocasións, do tipo de xornada e dos horarios de traballo. Neste contexto, InfoJobs realizou un estudo que revela que só o 14,2% da poboación activa en España asegura contar con horario laboral continuado, a pesar de que é o tipo de xornada que máis se desexa. Por outra banda, só un 9,5% dos entrevistados afirma non estar interesado neste tipo de horario.

Este tipo de xornada, nas que as oito horas se realizan de forma continuada ou, nalgúns casos, cunha breve pausa para comer, permite compactar o tempo que pasamos traballando e, en consecuencia, concluír antes a xornada laboral e dispoñer de máis tempo para adicar á vida persoal e familiar.

Ademais, deste estudo se desprende que a poboación activa española prefire empezar cedo a súa xornada laboral para poder ter gran parte da tarde libre. En concreto, un 37% dos entrevistados asegura que a súa xornada ideal debería arrincar ás 8 da mañá, un 32% adianta o horario unha hora (con entrada ás 7 da mañá) e un 18% prefiriría empezar ás 9.

Se ben en España non contamos con horario continuado como algo habitual, si é certo que algunhas empresas comezaron a implementar as xornadas intensivas nas que se realiza todo o horario de forma ininterrompida e sen pausa para comer. Aínda así, e segundo a enquisa, o 33% dos traballadores españois asegura non poder gozar nunca deste tipo de xornada durante o ano. Por outra banda, están aqueles casos que gozan dunha xornada intensiva en momentos puntuais como en agosto (11%), todos os venres do ano (11%) ou durante todo o verán, é dicir, de metade de xuño a metade de setembro (10%).

Segundo esta análise, non cabe dúbida de que o tipo de xornada laboral e os horarios están no punto de mira agora máis que nunca. De feito, segundo o I Barómetro do Emprego de InfoJobs, que analiza as principais preocupacións dos traballadores en materia de emprego, o 62% da poboación activa amósase preocupada polo presentismo, os horarios e as longas xornadas de traballo. E é que o feito de que unha empresa ofreza beneficios sociais, como por exemplo poder conciliar vida laboral e profesional aos seus traballadores, é un aspecto fundamental para mantelos motivados e, en definitiva, para retelos dentro da compañía.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)