Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 81% das empresas acepta prazos de pago superiores aos desexados



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



Segundo un estudo elaborado por Crédito y Caución e Iberinform, só o 43% das empresas traballa con prazos inferiores aos 60 días, e oito de cada dez teñen que aceptar prazos de pagamento superiores aos que desexaría para poder manter a súa carteira de clientes.


O informe da aseguradora de risco tamén indica que o mellor comportamento se rexistra no sector público e o peor na grande empresa e entre as pemes. Non obstante, só o 8% das empresas que ten relacións comerciais coa Administración ten que aceptar unha extensión dos prazos de pagamento, unha porcentaxe similar a 2018.

A capacidade dos autónomos para impoñer prazos de pago tamén se mantén estable, no 17%. Noutro extremo está a grande empresa, que impón prazos de pagamento ao 50% dos seus provedores (2018, 51%). O maior empeoramento, de catro puntos, rexístrase no segmento de pemes, que impoñen prazos de pago superiores aos que desexan ao 46% das empresas (2018, 42%).

Segundo o estudo, sólo o 43% das empresas traballa cos prazos inferiores aos 60 días que tratou de impulsar a Lei 15/2010 de Medidas de Loita contra a Morosidade. E só o 10% de compañías traballa por riba dos 90 días, o que supón o menor rexistro da serie histórica. Que razóns explican este retraso en pagamentos aos clientes? Medra dous puntos o retraso intencionado do cliente (55%) e cae un punto a falta de dispoñibilidade de fondos (52%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)