Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Dende hoxe as mulleres traballan gratis



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



É o cálculo que fai UGT: as empresas afórranse un total de 55 días nos soldos das traballadoras, o tempo que resta ata o 31 de decembro. O sindicato pon en marcha a partir de hoxe a campaña de denuncia “Elas traballan gratis dende o 7 de novembro ata o 31 de decembro”.


Con esta campaña, UGT quere dar a coñecer os últimos datos dispoñibles de Eurostat, que revelan que España é o segundo país onde máis aumentou a brecha salarial, un 0,9%, só por detrás de Malta, onde se incrementou un 1,2% (non se facilitaron datos de Irlanda e Grecia). Por contra, no conxunto da Unión Europea, a brecha descendeu un 0,2%.

O mesmo estudo indica que dos 27 países analizados, a brecha salarial descendeu en 16 respecto ao ano anterior, mentres que foron 10 nos que aumentou, e que España rexistrou unha brecha salarial do 15,1%, un punto porcentual por debaixo da media da UE, que se situou no 16%. Tendo en conta os días, en España as mulleres traballan 55 días gratis, algo menos que a media da UE, onde traballan 58 días gratis.

Á vista destes datos, o sindicato quere puntualizar que a última estatísca dispoñible de Eurostat refírese ao ano 2017, ano no que gobernaba o PP. Por tanto, destaca que non reflicte os efectos dos avances lexislavos que se adoptaron este ano para reducir a brecha de xénero no ámbito laboral, uns avances que UGT considera positivos, pero que cualifica de insuficientes, xa que varias medidas se implantarán de maneira progresiva (así considera avances a equiparación do permiso de paternidade co de maternidade ou a obrigación de establecer plans de igualdade ás empresas de máis de 50 traballadores, pero ve negativo que se retarde ao establecer a súa aplicación de forma progresiva ata 2021).

A máis difícil de erradicar

Segundo denuncia o sindicato, dende 2012 ata 2016 a brecha salarial en España foi descendendo, pero en 2017 volveu aumentar. Así as cousas, afirma que a discriminación salarial é, de todas as discriminacións que sofren as mulleres, a que máis dificultades entraña para ser erradicada. Segundo explica, o motivo só é explicable dende o custo económico que ten para as empresas erradicar esta discriminación salarial. Ademais apunta que outras discriminacións que soportaron as mulleres se foron corrixindo con medidas cuxo custo recae sobre a Seguridade Social ou sobre as propias traballadoras, como as reducións de xornada, as excedencias ou os permisos de coidados, que podendo ser gozados polos homes, tampouco eles asumen o custo económico e de protección social que representan.

Como conclusión, UGT reivindica que fai falta máis celeridade no avance das políticas de igualdade e impulsar, dunha vez por todas, unha lei de igualdade salarial para eliminar a discriminación e a brecha salarial por razón de sexo de forma eficaz e efecva. “Só lexislando adecuadamente será posible que as mulleres fagan efecvo o seu dereito fundamental a cobrar o mesmo que os homes cando realizan traballos iguais ou de igual valor. Ademais dunha inxustiza, supón un custo social e económico que este país non se pode permitir”, conclúe.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)