Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 91% da economía aínda non é circular



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE DECEMBRO DE 2019 · (0)



O modelo de produción dominante no mundo enfócase aínda no consumo a curto prazo: producir, usar e tirar. Sen embargo, as consecuencias do cambio climático xa están impulsando un novo patrón sostible: a economía circular, un novo modelo que aposta por reducir, reusar e reciclar.


Aínda que son moitas as empresas que o están integrándo nos seus procesos de produción, o modelo económico lineal segue moi presente entre as compañías a nivel mundial. De acordo coas estimacións de Circle Economy, o noso mundo é só un 9% circular e a tendencia é desfavorable: a brecha de circularidade non se está pechando.

Na contorna natural os recursos aprovéitanse de forma continua, todos os elementos cumpren unha función, que pode variar ou non ao longo de diferentes etapas, de modo que non se xeran residuos. Este modelo cíclico é o que as empresas deben emular, aplicando unha economía circular nos seus procesos e logrando o maior aproveitamento posible dos recursos. Para que este patrón se faga efectivo e as empresas logren evitar a xeración de residuos, deben utilizar materiais biodegradables e materiais eco-friendly. Os primeiros teñen a capacidade de reintegrarse na natureza, mentres que os segundos poden reincorporarse ao ciclo de produción e formar parte dunha nova peza ou produto.

Segundo os últimos datos publicados pola Fundación Cotec, España pasou dunha taxa de circularidade do 10,4% en 2010 ao 7,6% en 2015, acadando o seu valor máis baixo, moi lonxe do 11,7% da Unión Europea. Algúns dos factores que poden estar provocando esta ralentización son a falta de información sobre as vantaxes dunha xestión máis eficiente dos recursos, as trabas administrativas, as dificultades de financiamento ou os custos asociados á modificación dos procesos de produción.

As empresas que queran proxectarse ao futuro terán que integrar o patrón de economía circular, xa que os consumidores valoran cada vez máis o impacto medioambiental das compañías e o teñen moi en conta á hora de tomar sa súas decisións de compra. A economía circular, ao igual que outros parámetros da responsabilidade social corporativa, supón un piar fundamental nas estratexias de competitividade a longo prazo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)