Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os accidentes de tráfico por causa dos xabarís dispáranse un 47%



REDACCIÓN · PUBLICADO O 27 DE DECEMBRO DE 2019 · (0)



Aumentan un 21% en Galicia, Castela e León e Cataluña. E por provincias, Burgos, Ourense e A Coruña, son as que máis sinistros suman. O can e o corzo intercámbianse a segunda e terceira posición polo crecemento de accidentes do primeiro (+14%) e o descenso do segundo (-5%).


Estes tres animais representan o 83% do total de sinistros rexistrados polo Centro de Estudos Ponle Freno de AXA no seu IV Informe. En Galicia, o xabaril con diferencia é o animal que ocasiona oito de cada 10 accidentes. O seu impacto concéntrase nos meses de inverno, de feito o pasado 15 de decembro catro persoas resultaron feridas nunha colisión múltiple na AG-64 ao paso por Narón por causa destes animais.

Para a realización deste estudo utilizouse información procedente da base de datos interna de  AXA España, que analizou 8.053 accidentes provocados por colisión con animais entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2019. Para Josep Alfonso, director xeral do Centro de Estudos de AXA, “o forte aumento das colisións contra xabarís débese ao incremento da poboación deste tipo de animais e, posiblemente á saída destes a zonas urbanizadas en busca de comida”. Castela e León (22%), Galicia (20%) e son claramente as comunidades autónomas nas que se rexistra un maior número de accidentes contra animais.

Por provincias, Burgos segue sendo a que rexistra un maior número de accidentes contra animais, debido ao forte impacto do corzo. Só nesta provincia prodúcese o 21% do total de accidentes contra este animal. Ourense sobe tres posiciones e colócase como a segunda provincia máis perigosa, seguida das outras tres provincias galegas (A Coruña, Lugo e Pontevedra). Pontevedra iguala a Murcia á fronte das comunidades con máis sinistros contra animais domésticos, sendo neste caso a segunda con máis accidentes con cans e a primeira con cabalos.

Análise do xabaril

En Galicia, a comunidade que aglutina o maior número de sinistros contra este animal crecen un 67% e en Cataluña, segunda cunha cota do 20%, aumentan un 32% Castela e León é a única comunidade do  Top 5 que apenas rexistra cambios (+4%), manténdose na terceira posición (14% do total). Por provincias a sinistralidade é moito máis dispersa. O  Top 5, composto por Ourense, A Coruña, Lugo, Barcelona e Xirona, representa o 35% do total.

Animais cinexéticos

O conxunto de animais cinexéticos representa o 72% dos accidentes do total e Castela León (26,6%) Galicia (20,5%) e Cataluña (14,1%) son as tres comunidades á cabeza. As tres representan o 61% do total. En Castela e León o corzo é o animal causante de máis da metade dos sinistros (55%) sinistralidade concentrada, maioritariamente, nos meses de abril a outubro (70%). O xabaril, en cambio, cunha media anual do 32%, supera ao corzo como o principal autor dos accidentes nos meses de novembro a xaneiro. Igual que en Galicia, Cataluña rexistra unha incidencia case absoluta do xabaril nos accidentes con animais cinexéticos (86%), sendo case inexistente a presenza do resto de animais de caza.

Decembro é o mes máis perigo do ano, rexistra o 11,8% de accidentes. Novembro, xaneiro e novembro (ambos co 9,1%) conforman o período onde se producen máis sinistros contra animais. Pola contra, xuño, co 6,6%, é o mes no que menos accidentes hai. A maioría dos accidentes concéntrase durante a noite ou en horas con escasa luz e destaca o feito de que de 00:00 horas a 07:00 rexístrase o 26% dos accidentes, a pesar de ser unha franxa con moita menor concentración de tráfico.

Como previr

  • Reducir a velocidade, para ter unha maior capacidade de reacciónante calquera imprevisto. As colisións con animais son máis frecuentes en noites despexadas e claras e en tramos rectos e longos, cando os condutores tenden a aumentar a súa velocidade. Ademais, facer soar o claxon repetidas veces con obxecto de escorrentalos. Convén lembrar que o comportamento dos animais nestas situacións é impredicible
  • En zonas nas que hai risco convén practicar unha condución defensiva e estar atento a calquera sinal (movemento, brillo) que poida indicar a presenza dun animal nas proximidades. Convén estar alerta tanto a dereita como a esquerda (a tendencia natural é fixarse máis no lado dereito) pero os animais poden aproximarse desde ambas as partes.
  • Mantemento de luces e  limpiaparabrisas en perfecto estado, levar limpo o parabrisas e usar sempre o cinto de seguridade.
  • Hai que evitar volantazos e movementos bruscos: pódese perder o control do vehículo e provocar un accidente ou saírse da vía. Se a colisión cun animal é inevitable débese manter a vista cara a onde se queira levar o vehículo (nunca mirar ao animal), pisar o freo a fondo e tratar de chocar en ángulo (non frontalmente). Xusto antes do impacto, é conveniente levantar o pé do freo para levantar o morro do vehículo e reducir as posibilidades de que o animal acabe estrelándose contra o parabrisas.
  • Tras chocar cun animal, hai que deterse en canto sexa posible nun lugar seguro, fóra da calzada, sinalizar a parada, poñernos o chaleco reflector, comprobar o estado do vehículo e chamar á Autoridade ou os seus Axentes para comunicar o feito. Non hai que achegarse nunca aos animais feridos. Posteriormente debe contactarse co seguro para comunicar os danos.


Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)