Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Preto de 1.000 profesores de Primaria levan cada día a educación ambiental ás aulas con Naturaliza



REDACCIÓN · PUBLICADO O 27 DE XANEIRO DE 2020 · (0)



Docentes de toda España tratan temas como a emerxencia climática, o consumo responsable ou a protección da biodiversidade cos seus alumnos nas clases de Matemáticas, Lingua, Ciencias Sociais e Ciencias Naturais.


No actual contexto de emerxencia climática que vive o noso país, cada vez son máis as voces que reclaman que a educación ambiental pase a ser unha realidade no sistema educativo español. Así, inculcar valores como o respecto ao medioambiente e promover unha actitude responsable entre os máis pequenos empeza a ser visto como unha necesidade.

Afortunadamente, son moitos os docentes que non só o cren primordial, senón que actúan para que sexa posible. Tanto é así que preto de 1.000 profesores de toda España decidiron levar a educación ambiental ás súas aulas diariamente apoiándose en Naturaliza, o proxecto de educación de Ecoembes que fomenta a aprendizaxe ambiental activa co fin de xerar un pensamento crítico entre os nenos para que sexan eles mesmos os que poidan propoñer solucións ante os retos ambientais que se lles presentan.

Para facelo posible, Naturaliza proporciona aos docentes os recursos necesarios para impartir as súas clases cunha mirada ambiental a través dunha “Escola de Docentes”, onde poden formarse tanto sobre medioambiente como sobre novos modelos de ensinanza que potencien ese espírito crítico. Así, os nenos aprenden sobre emerxencia climática, o consumo responsable ou a protección da biodiversidade de forma transversal nas clases de Matemáticas, Lingua, Ciencias Sociais e Ciencias Naturais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)