Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Pérez-Cepeda estará cinco anos máis ao fronte do Colexio de Avogados da Coruña



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE MARZO DE 2020 · (0)



Nas eleccións celebradas onte, Augusto Pérez-Cepeda Vila foi reelixido decano cun amplo 78% dos votos, e xunto a el tamén se renovaron os cargos de deputada 4ª, Beatriz Núñez Vázquez; deputado 5º, José Luis Villar de la Riera; deputado 6º, José Carlos Tomé Santiago; tesoureira, Mª del Pilar Cortizo Mella, e secretaria,


O recén reelixido decano do Colexio de Avogados da Coruña, que incia deste xeito o seu terceiro mandato ao fronte da institución, obtivo un total de 1.336 votos, que representan o 78,17% do total, o que supón unha ampla vantaxe sobre os 250 obtidos por Fernando Nieto Bernat (14,63%), os 77 de Mercedes de la Fuente Formoso (4,51%) e os 46 de Guillermo Godoy Vega (2,69%).

Os cargos renovados nestas eleccións tamén recibiron un apoio próximo ao 80%, porcentaxe que mesmo foi superada no caso da deputada 4ª xa que obtivo o 80,27% dos votos. Pola súa banda, o caego de deputado 5º foi renovado co 77,76% dos sufraxios, o de deputado 6º co 78,02%, o de tesoureiro co 78,64% e o de secretario co 77,92%. Nestes comicios houbo un total de 1.722 votos, dos que sete foron en branco e seis nulos.

Con estes resultados, a Xunta de Goberno do Colexio de Avogados da Coruña queda configurada da seguinte forma:

  • Decano: Augusto José Pérez-Cepeda Vila
  • Deputado 1º: Miguel Orantes Canales
  • Deputada 2ª: María Fernanda Álvarez Pérez
  • Deputado 3º: Jesús Ángel Sánchez Veiga
  • Deputada 4ª: Beatriz Núñez Vázquez
  • Deputado 5º: José Luis Villar de la Riera
  • Deputado 6º: José Carlos Tomé Santiago
  • Tesoureira: María del Pilar Cortizo Mella
  • Bibliotecario: Antonio Abuín Porto
  • Contador: Antonio Armenteros Cuetos
  • Secretaria: María Luisa Tato Fouz


Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)