Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Modelos de negocio para transformar o rural, propuestas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE MARZO DE 2020 · (0)



Mercado de la Cosecha”, proxecto impulsado por Hijos de Rivera, presenta un novo plan de desenvolvemento socioeconómico sostible e responsable para o rural galego a través da voz dos seus protagonistas.


As instalacións do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo acolleron onte unha nova edición de “Galicia Market Place”, unha iniciativa creada hai cinco anos co obxectivo de converterse nun escaparate do sector agromar alimentario de Galicia. Alí celebráronse os “Parladoiros” do “Mercado de la Cosecha” como espazo de divulgación de modelos que contribúen ao desenvolvemento sostible do rural no que os pequenos produtores desempeñan un papel fundamental.

O coloquio reuniu a Néstor Liñares, director en Horta da Lousa; Gerardo Lagares, socio fundador de Orballo; Javier Varela, director de Proxectos e consultor de Marketing Especializado en Sostibilidade en Toctoc, e Marcos Pérez, director do “Mercado de la Cosecha” e da Fundación Galicia Sustentable. Todos eles tiveron a oportunidade de debater sobre o futuro do rural galego e de expoñer a súa visión e espectativas de futuro froito da súa experiencia.

O “Mercado de la Cosecha” é unha iniciativa de compromiso social de Hijos de Rivera, cuxo propósito é a transformación do rural nun medio máis próspero e sostible. O proxecto pretende converterse nunha panca de cambio a través do desenvolvemento de diversos proxectos no ámbito da investigación, concienciación e divulgación.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)