Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cruz Vermella reforza a súa atención a 25.500 persoas vulnerables en Galicia ante a COVID-19



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE MARZO DE 2020 · (0)



A organización puxo en marcha a semana pasada unha campaña de seguimento a estas persoas, que en toda España suman 400.000, que identificou como especialmente vulnerables ante o coronavirus: persoas maiores, con discapacidade, con enfermidades crónicas e que participan nos seus programas e actividades.


En España Cruz Vermella puxo en marcha un Plan de Continxencia fronte á COVID-19 para contribuír á contención e evitar a propagación do coronavirus, reforzando as capacidades dos equipos e recursos dispoñibles en todo o territorio e promovendo accións de prevención e sensibilización á cidadanía, especialmente das persoas e grupos máis vulnerables: os maiores, persoas con discapacidade ou enfermidades crónicas.

Unha das medidas máis importantes que puxo en marcha Cruz Vermella para apoiar ás persoas máis vulnerables é lanzar unha campaña informativa dirixida a máis de 25.500 persoas usuarias identificadas en Galicia como especialmente vulnerables ante o coronavirus. A información, pautas e consellos básicos que se transmiten son os trasladados polas autoridades sanitarias, no caso da nosa comunidade autónoma con especial atención á Consellería de Sanidade e ao Servizo Galego de Saúde (Sergas). Ademais de proporcionarlles información relevante, a organización humanitaria se pon a disposición destas persoas para calquera contacto posterior que precisen.

En total en España son 400.000, de entre os catro millóns de persoas que atende anualmente en todos os seus programas (emprego, educación, medio ambiente, inclusión social, entre outros): persoas maiores, con discapacidade ou con enfermidades crónicas ás que atende a organización. O obxectivo fundamental é informarlles das pautas básicas de prevención e facer seguimento telefónico do seu estado de saúde. A través destas chamadas de seguimento, Cruz vermella quere asegurarse de que as persoas máis vulnerables dispoñen das pautas e recomendacións básicas de prevención.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)