Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os empresarios, a unha



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE MARZO DE 2020 · (0)



“Instamos ao Goberno que na reunión deste martes adopte medidas urxentes que os empresarios expomos nestes días", afirman dende a CEL, que se suma a CEOE e Cepyme. "Os autónomos atópanse nunha situación especialmente difícil que require suspensión das cotizacións sociais, abono das baixas desde o primeiro día e unha prestación por cesamento do traballo".


Piden poñer en marcha mecanismos rápidos que garantan a liquidez ás empresas, especialmente a pemes e autónomos, para evitar a quebra inmediata e que poidan manter a actividade protexendo o emprego.

Comparrten os empresarios lucenses o exposto por CEOE e Cepyme no seu comunicado ao pé da letra e inciden:

Precísanse medidas urxentes de índole laboral, en especial a  simplificación e  dos procedementos nos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) con efecto retroactivo e o recoñecemento en situacións como o actual estado de alarma dunha forza maior para a súa presentación.

Ante a falta de liquidez provocada pola inactividade, que se suspenda a obriga do pago das das cotizacións por parte da empresa, mentres que, ao lado da persoa traballadora, contémplese o acceso á protección por desemprego sen esixir período de carencia e sen prexuízo do recoñecemento de futuras prestacións. Consideran tamén imprescindible facilitar o teletraballo entendendo por cumprida a obriga das empresas de avaliar os riscos coa  autoavaliación realizada polo propio traballador.

Un segundo aspecto os aprazamentos e fraccionamentos de pago de maneira automática e sen intereses por un prazo suficiente para todos os pagos tributarios que teñan que realizar as empresas que sufrisen de forma significativa unha  caídá nos seus ingresos ou un incremento dos gastos en 2020 polo COVID-19. Por último "é absolutamente necesario e urxente poñer en marcha unha liña de avais públicos suficiente que facilite o acceso ao crédito por parte das empresas, especialmente de pemes e autó nomos, e que as Administracións Públicas abonen de inmediato aos seus provedores as facturas pendentes e as que reciban, sen sequera esgotar os prazos que fixa a Lei de morosidade,  así como que se aceleren as devolucións tributarias pendentes"

"Queremos deixar claro que compartimos co Goberno que se trata dunha crise que é preciso abordar con sentido de Estado, máis aló das diferenzas territoriais e ideolóxicas na que toda a sociedade española debe permanecer unida".

Medidas internas da CEL

Dende o 13 de marzo ten en amrcha un Protocolo de Continxencia “dando total continuidade aos servizos que resultan imprescindibles e en especial en determinadas áreas de asesoramento, que son  áis necesarios que nunca para as nosas empresas”.

1. Reunións, actos, xornadas e viaxes. Cancélanse todas as viaxes e as reunións presenciais dentro e fóra da  CEL, salvo aquelas  especí ficamente autorizadas. Utilizásesé n sistemas  telemá ticos no seu lugar cando sexa posible.

2. Salas de reunións e aulas. Cancélase a  cesió n de aulas e salas de reunións, para evitar  concentració n de persoas, ata que a alerta  epidemioló gica se solvente.

3. Oficinas. Está implantando as ferramentas necesarias para activar o teletraballo cando sexa necesario. Por tanto, restrínxese ao máximo a atención presencial. Con todo, as consultas dos servizos de asesoramento ás empresas e Asociacións continuásesé n atendendo como sempre, pero mellor por mail ou teléfono.

En caso de necesitar atención presencial, se  requerirá establecer cita previa a travé s do  número de telé fono 982 23 11 50 ou do email sedecentral@cel.es, ou dos mails de contacto de cada departamentoe. As oficinas centrais (Praza de Santo Domingo, 6-8, 2a Planta) permanecerán abertas pero só se  atenderá  presencialmente a aquelas persoas que previamente o solicitaron. O Centro de Formación permanecerá pechado a partir do luns 16 de marzo de 2020. Con todo,  podrá contactarse co seu persoal vía  telefó nica no horario de oficina habitual de oficinal.

4. No caso de  atención presencial nas oficinas (tal e como se ha  señ alado, excepcional e previa cita), recoméndase o seguimento estrito das normas de hixiene persoal establecidas polas autoridades sanitarias:

Esbirrar ou toser sobre panos desechables e/ou poñendo o cóbado por diante

Lavarse as mans con frecuencia

Utilización frecuente de xel hidroalcoólico cando estea ispoñible

Ventilar o lugar de traballo

Nas citas que sexan obrigatoriamente presenciais, se manterá unha distancia nima dun metro entre persoa e persoa.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)