Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Medidas para evitar o peche masivo de comercios e empresas situadas nos centros históricos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE MARZO DE 2020 · (0)



As Asociacións de Comerciantes que conforman a Cocahi, entre elas Compostela Monumental, din que as decisións adiantadas polo exucutivo central para paliar a “hecatombe económica” que temos encima, son insuficientes. Hai que suprimir impostos, non pospoñelos.


Segundo a Confederación Españolade Asociacións de Comerciantes de Centros Históricos o agora anunciado nada axudarán a permitir ao sector evitar o peche definitivo de multitude de comercios e empresas. Piden para evitalo:

1. Supresión do pago de todo tipo de impostos mentres duren as medidas de confinamento e peches. Os aprazamentos do pago non é unha medida xusta. “O Goberno foi o que nos obrigou a cesar a nosa actividade económica e empresarial, co que todo iso supón”.

2. Exención desde xa, que non aprazamento nin recargas das retencións a conta, no pago das cotas da Seguridade Social de autónomos e traballadores da empresa, durante os seis  proximos meses. Prorrogables en función de se se mantén por parte do Goberno as medidas de peche obrigatorio de negocios e empresas.

3- Prestación económica aos autónomos e os seus traballadores por cesamento de actividade durante como mínimo seis meses prorrogables

4 Axuda económica do 100% do custo dos alugueres dos locais comerciais

5.Poñer ao dispor de empresas e autónomos, e de forma directa por medio do Instituto de Crédito Oficial (ICO), sen ter que pasar pola mediación das entidades bancarias, a obtención de créditos brandos sen intereses.

6. Aprazamento sen penalización, dos vencementos con bancos ou aplicación de carencias que se traspasarían ao final da vida do crédito/préstamo e aprazamento de pago a provedores.

7. Flexibilidade para facilitar ERTE. Para que o custo do persoal non leve ao peche definitivo dos negocios. Nestes ES incluírse tamén aos autónomos.

8. Elaborar un plan de urxencia consensuado con todos os colectivos e organizacións do sector, incluída a Confederación Española de Centros históricos.

E ás distintas administracións autonómicas e locais piden:

A).- Supresión do pago do IBI (exención total do ano en curso). 

B).- Supresión das taxas de lixo, auga e outras similares.

c).- Actualizar os pagos pendentes das distintas administracións públicas ás empresas.

D).- Liñas de axuda a fondo perdido para gastos correntes

E).- Axudas para o mantemento do emprego.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)