Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Deputación de Ourense completa o protocolo de medidas de actuación contra o coronavirus



REDACCION · PUBLICADO O 17 DE MARZO DE 2020 · (0)



O presidente Manuel Baltar asinou onte unha resolución na que se mantén o peche ao público dos centros de traballo e a suspensión de actos públicos e da prestación de servizos culturais, deportivos e formativos. Establécense medidas de teletraballo e constituíuse tamén o Comité de seguimento do COVID-19.


A Deputación de Ourense vén de completar o protocolo de medidas de actuación contra o coronavirus. Neste sentido, o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, asinou onte unha nova resolución na que se mantén o peche ao público dos centros de traballo e a suspensión de actos públicos e da prestación de servizos culturais, deportivos e formativos. En canto ao persoal, establécense medidas de teletraballo. Tamén hoxe, constituíuse o Comité de seguimento do coronavirus COVID-19, que celebrou a súa primeira reunión.

O texto íntegro do decreto, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia (BOP), na sede electrónica e na páxina web da Deputación de Ourense, pode consultarse páxina web da Deputación de Ourense.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)