Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os avogados laboralistas e os concursais volven estar entre os perfís máis demandados



REDACCIÓN · PUBLICADO O 20 DE MARZO DE 2020 · (0)



A demanda de letrados encargados de reestruturar empresas recupérase este ano despois da súa época dourada na crise económica de 2008. Entre os perfís máis solicitados, tamén se atopan os especialistas en finance e capital markets, litigation e arbitraxe, M&A e real estate.


O sector legal atópase dende hai uns anos inmerso nunha tendencia á alza na busca de profesionais, principalmente de perfís de Dereito dos Negocios. Non obstante, as circunstancias deste ano están promovendo a volta de dous perfís de letrados: os de Dereito laboral e concursal, que non se atopaban tan solicitados dende a crise económica.

Mila González, legal manager de Hays España, asegura que “nas épocas de recesión económica existe un auxe perfís laboralistas”. De feito, comenta que na Guía Salarial 2019, a súa compañía xa anunciou que “os avogados laboralistas serían uns dos máis demandados” e, segundo confirma, “coa situación actual, a demanda dispárase aínda más”.

Respecto aos avogados concursais, representan un dos perfís que se preveía que iban a estar menos solicitados en 2020. Non obstante, agora “tamén serán demandados cando unha empresa non funciona ben e debe ir a concurso, o que en ocasións ocorre despois de ter aplicado outras medidas como ERTE ou ERE”, apunta Mila González. Neste sentido, remarca que “primeiro hai que entrar na crise, logo hai que ver o que dura e despois recuperar e volver a aplicar medidas”.

Soldos

Pese a este repunte da demanda nestes dous perfís, non se agarda que os seus salarios aumenten de forma súbita, senón que será gradual. Algo similar ocorrerá en todo o sector ao longo deste curso, que se espera que experimente unha mellora en soldos de só o 1%, a diferenza do que ocorreu en 2019, cando se incrementaron nun 11%.

Pero nas empresas non só se necesitan avogados especializados en Dereito laboral e concursal. O número de contratacións seguirá á alza en posicións especializadas en capital markets e finance, litigation e arbitraxe, M&A e real estate. Polo contrario, os profesionais expertos en Dereito penal e TMT serán dos menos demandados. “Algunhas figuras, como o data protection officer, xa están integrados nas compañías despois da entrada en vigor do RGPD e, actualmente, non se solicitan como en anos anteriores”, conclúe Mila González.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)