Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Ampliado o prazo de inscrición á primeira convocatoria de consolidación de BFFood



REDACCIÓN · PUBLICADO O 24 DE MARZO DE 2020 · (0)



A data de peche definitiva de recepción de candidaturas á convocatoria de consolidación establecerase unha vez remate o estado de alarma decretado polo Goberno, tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia do 15 de marzo no seu acordo oitavo.


Business Factory Food (BFFood), a aceleradora do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia, conta cun programa de consolidación enfocado a empresas xa constituídas, con menos de seis anos de antigüidade, que teñan un produto ou servizo definido e primeiras vendas xa realizadas, e aliñadas con algún dos retos que busca resolver o sector alimentario. A presentación de solicitudes debe facerse a través da páxina web da aceleradora: bffood.gal/inscripcion.

Ata seis proxectos poderán ser seleccionados nesta convocatoria de consolidación na que recibirán formación, coaching, servizos técnicos, infraestruturas e medios especificamente concebidos para o seu ámbito de desenvolvemento, así como financiamento a través dun préstamo participativo por parte de Xesgalicia, que podería conlevar unha opción de capitalización de ata un máximo de 250.000 euros.

BFFood forma parte da plataforma StartIN Galicia, que agrupa a todas as aceleradoras que apoia a Administración autonómica. Ademais, esta nova convocatoria conta co apoio de grandes empresas tractoras do sector, como Bodegas Martín Códax, Cafés Candelas, Calvo, Capsa Food (Larsa), Clavo Food Factory, Cooperativas Lácteas Unidas (Clun), Congalsa, Dairylac, Gadis, Kiwi Atlántico, Quescrem, Nueva Pescanova, Torre de Núñez e Viña Costeira, que se encargarán do proceso de mentoría dos proxectos que resulten seleccionados.

Entre as entidades colaboradoras atópanse ademais as tres universidades galegas, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca), Anfaco-Cecopesca, o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga), que forman parte do comité técnico. Pola súa banda, Gradiant, Coremain, Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, ASM, Cesga, Asociación Área Empresarial do Tambre e Sigillum Knowledge Solutions integran o comité asesor da aceleradora.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)