Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O sector eólico galego di que as empresas do sector reduciron “ao mínimo” as tarefas de mantemento dos parques



REDACCIÓN · PUBLICADO O 27 DE MARZO DE 2020 · (0)



aténdense as incidencias urxentes porque “a complicidade e solidariedade de empresarios e traballadores é absolutamente necesaria nestes momentos”, sinala o presidente da Asociación Eólica de Galicia, Manel Pazo.


Todas as empresas do sector “extremaron as medidas cautelares e preventivas que se derivan do decreto do estado”, pero a subministración está garantida nunha tecnoloxía que produce máis do 40% do consumo eléctrico galego.

A identificación de persoal crítico e plan de substitucións para posibles contaxios e corentenas, a planificación de limpeza de superficies para desinfección en edificios de control e almacéns dos parques; desprazamento en coche dun único traballador a pesar de que os equipos están integrados por un mínimo de dous operarios, o uso de máscara e luvas e o mantemento das distancias, equipos formados polas mesmas persoas, priorización de traballos e fomento do traballo desde casa, reducindo ao máximo as visitas aos parques son as actuacións nestes días.

“Establecéronse novos protocolos con respecto aos plans de seguridade, xa dos mais esixentes na industria galega. Só se realizan as tarefas de mantemento absolutamente necesarias e que impliquen o mínimo contacto entre os traballadores, usando a indumentaria pertinente. Os labores preditivos e preventivos dos aeroxeradores aprázanse e só realízanse as de urxencia. As reunións de seguridade e de programación sempre  á primeira hora da mañá realízanse con sistemas dixitais para evitar o contacto; e todo o persoal administrativo traballa desde a casas por vía telemática. Ao ser unha actividade recente e nova a tecnoloxía atópase moi implementada”, explican dende a EGA. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)