Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Investigadores do Citic da UDC crean unha ‘web’ para monitorizar a evolución da COVID-19 en España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE ABRIL DE 2020 · (0)



A iniciativa de Carlos Fernández Lozano e Rubén Fernández Casal conta co apoio do presidente do comité de expertos da “Acción Matemática contra o coronavirus”, Ricardo Cao, tamén investigador do centro. O equipo está traballando para incluír modelos preditivos que permitan utilizar a plataforma como punto de unión de múltiples investigacións.


A idea xurdiu a partir do traballo realizado polo investigador Rubén Fernández Casal, que comezou a capturar os datos do Ministerio de Sanidade relativos aos contaxios pola COVID-19. Esta iniciativa colaborativa conta co respaldo do comité de expertos da “Acción Matemática contra o coronavirus” do Comité Español de Matemáticas (CEMat), a través do seu presidente Ricardo Cao, que ten o obxectivo de axudar ao Goberno a atopar solucións ante a crise sanitaria.

A páxina web permite consultar os datos relativos ao número de casos confirmados afectados pola COVID-19 por comunidades autónomas nas últimas semanas, así como os pacientes recuperados e os falecementos.

O investigador das áreas de Intelixencia Artificial e de Ciencia e Enxeñaría de Datos do Citic e profesor da Facultade de Informática da UDC, Carlos Fernández Lozano, apunta que a idea é “introducir máis datos relacionados con ingresos en UCI, incidencia, número de hospitalizacións, etc, e incluír modelos preditivos para utilizar a plataforma como punto de unión de múltiples investigacións”. Deste xeito, o site permitirá achegar máis claridade sobre a evolución da pandemia en España.

Así, o tamén investigador do Citic Rubén Fernández Casal se encarga da descarga de datos e procesado desde orixe, mentres que Carlos Fernández Lozano creou a ferramenta a partir do procesamento destes datos. Tamén están traballando para mellorar o rendemento e a capacidade de carga do sistema.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)