Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Uns 15.000 locais en Galicia tentan chegar a acordos cos arrendadores para salvagardar os seus negocios



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE ABRIL DE 2020 · (1)



De non comezar a levantarse restricción veremos o peche definitivo de moitos negocios, entre eles os hostaleiros. Segundo a análise realizada polo bufete coruñés Caruncho, Tomei & Judel, “o escenario tras levantarse o estado de alarma pode ser catastrófico para o comercio galego e para os donos dos locais, que verían reducidos a cero os ingresos polo arrendamento”.


Facer fronte ao pago do aluguer para un arrendatario dun local que se atopa pechado, sen actividade e, por tanto, carecendo de ingresos, semella totalmente inviable. Dende esta despacho de avogados e asesores fiscais afirman que están a negociar entre arrendatarios e arrendadores “posibles solución”.

Segundo Ignacio Caruncho, Socio Director, “temos clientes que viven dos ingresos do aluguer do seu local comercial que recibiron comunicacións por parte das empresas que os alugan indicándolles que non van abonar as rendas destes meses. Esta non é unha solución xa que o arrendatario non está habilitado para deixar de pagar a renda de modo unilateral. A situación extraordinaria que estamos a vivir, pode ser causa xustificada para negociar unha suspensión, aprazamento ou redución, pero nunca deixar de abonala sen antes acordalo co arrendador”.

Temos en Galicia uns 15.000 locais comerciais afectados por esta situación, unha porcentaxe destacada pertence á hostalería e aínda non se sabe como será a volta á normalidade e se poderán abrir as súas portas de inmediato. En Caruncho, Tomei &  Judel alertan dos perigos deste escenario: “se durante os anos da crise pecháronse negocios todos os días, tras levantarse o estado de alarma as cifras poden ser aínda peores. A Administración debería expor que medidas tomar xa que, polo momento, só podemos ampararnos na boa fe e entendemento das partes, o que en ocasións non é viable”.

Sentenzas previas en xulgados españois

Este panorama de incerteza foi tratado con anterioridade en xulgados españois e hai sentenzas do Tribunal Supremo que resolven casos de forza maior nos que, do mesmo xeito que nestes supostos, non podía preverse de ningún xeito o evento excepcional que impide cumprir co contrato a unha das partes. Nestes casos, un xulgado podería chegar a unha minoración da renda mesmo a unha suspensión e liberación da obriga de pago temporal, que esixe analizar cada caso en particular. Pero enfrontarse a unha vía xudicial, que pode derivar en anos de litixio, non beneficia a ningunha das partes.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (1)



Tome@ctjabogados.es

16 de abril de 2020

Con enlace al despacho