Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Citic da UDC será a sede do Congreso Español de Informática en 2024



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE MAIO DE 2020 · (0)



A Sociedade Científica Informática de España (SCIE) seleccionou ao centro de investigación coruñés entre todas as candidatura presentadas. O congreso contará coa colaboración de Turismo da Coruña e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (Cpeig).


A SCIE realizou unha chamada á presentación de candidaturas para a busca de sedes do CEDI 2024, valorando aspectos como a dispoñibilidade de infraestruturas na cidade e a experiencia do equipo na organización de congresos científicos. Así, a organización do congreso articularase a través do Citic, comandada polos investigadores de destacada traxectoria Amparo Alonso Betanzos, Bertha Guijarro Berdiñas, Ramón Doallo Biempica, Juan Touriño Domínguez, Nieves Rodríguez Brisaboa e Miguel Rodríguez Luaces, e reforzada polo apoio do director do centro, Manuel F. González Penedo, e a directora do Campus Innova da UDC, Susana Ladra, que exercerán tamén como enlace con ambas entidades.

A de 2024 será a VII edición do CEDI, que se celebra cada edición nunha cidade española diferente, e que pretende servir como punto de encontro para profesionais da investigación, innovación e ensino universitario do ámbito da enxeñaría informática, e fomentar as relacións e intercambios entre os distintos países iberoamericanos no eido da informática.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)