Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Día das Telecomunicacións recoñece o traballo dos profesionais das TIC durante a crise



REDACCIÓN · PUBLICADO O 18 DE MAIO DE 2020 · (0)



O Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia lembra a importancia destas ferramentas e afirma que a crise do coronavirus deixou en evidencia que son vitais, polo que a redución da fenda dixital é unha necesidade urxente.


Este colectivo profesional celebrou o sábado o Día Mundial das Telecomunicacións, da Sociedade da Información e de Internet poñendo en valor a imprescindible labor dos “telecos” nos últimos meses e destacando algúns dos fitos mais relevantes acadados polo colexio no último ano, entre os que destacan a a creación da Demarcación Galega, a realización do primeiro Forotelecos de Galicia e o encontro anual de colexiados, e acadar representación tanto na Xunta Diretiva da Asociación Española de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (Aegitt) como no Consello de Decanos nacional.

Entre os obxetivos, o Coettga márcase o de sensibilizar sobre as posibilidades do uso de Internet e doutras tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), xa que o illamento puxo a proba a magnífica capacidade de resposta das telecomunicacións para solventar a demanda crecente e ainda queda moito por amosar. Segundo din estes profesionais, “os datos falan por si sos”.

Os enxeñeiros técnicos de telecomunicacións explican que estas estas ferramentas poden ofrecer á sociedade e á economía unha capacidade de mellorar a súa calidade de vida, así como favorecer a rendibilidade e sostibilidade das empresas. Así mesmo, o Coettga destaca a necesidade urxente de reducir a fenda dixital, que pon en evidencia a desigualdade da sociedade e da xeografía galega. “A conectividade que prestan as telecomunicacións é tan importante como a electricidade, o gas ou a auga corrente, posto que se lle recoñeceron ás telecomunicación o rango de servizo básico”, salienta o decano do Coettga, José M. Martínez.

No Día das Telecomunicación, este colectivo profesional lembra que o teletraballo está contribuíndo enormemente a frear a sangría do desemprego, e que por iso é importante destacar o labor dos “telecos” para facilitar a posibilidade de prestar servizo para conectar a cada un dos fogares, facilitar o traballo dende a casa e o pleno funcionamento dos organismos públicos e privados no marco do illamento social, preventivo e obrigatorio. “De non ser polos graduados e enxeñeiros técnicos de telecomunicacións e todo o traballo, avances e investigacións que levamos feito nas últimas décadas, as consecuencias desta pandemia global xa terían provocado unha catastrófica ruptura económica a nivel mundial e dos sistemas tal e como os coñecemos”, di Martínez. E a iso engade que “todo isto ten unha importante lectura positiva na nosa comunidade autónoma, xa que nos empurra (ainda que teña que ser desta maneira) a implementar e integrar novas formas de traballo moito máis eficientes e competitivas nas empresas que, xa metidos en plena desescalada, deberíamos seguir empregando”.

Formacións

Unha das principais labores do Coettga é apostar pola formación continua e achegar a innovación aos colexiados e aos futuros colexiados. Durante o último ano estreitáronse as relacións coa Universidade e cos diferentes organismos autonómicos e institucións, ademáis da empresa privada. Paralelamente, realizáronse formacións en moi distintos ámbitos: libre exercicio, ciberseguridade, blockchain, IoT, realización de proxectos, robótica e peritaxes, entre outros.

Se ben os “telecos” sempre foron importantes para esta sociedade, adquiren un potencial moito maior no marco da emerxencia sanitaria, xa que as TIC tiveron que reestruturar as súas formas de traballo, implementar as suas ferramentas e poñer a proba aos seus equipos para garantir os servizos esenciais de conectividade e responder a altísima demanda de consumo nestes últimos tempos. O reforzo nestas redes e o traballo silencioso dos profesionais só cabe destacar a capacidade de adaptación ante as adversidades e a necesidade de recoñecemento destes “héroes invisibles”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)