Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Dous proxectos de fin de máster de estudantes de arquitectura da UDC, seleccionados para o YTAA 2020 da Fundació Mies van der Rohe



REDACCIÓN · PUBLICADO O 18 DE MAIO DE 2020 · (0)



O YTAA reúne os mellores de fin de carreira das escolas de arquitectura, urbanismo e paisaxismo de Europa. O proxecto de Iago Otero (na imaxe) propón unha remodelación do recinto feiral de Paiosaco baseada en arquitectura con conexión coa paisaxe; mentres que o traballo de Ramón López plantexa unha nova zona cultural nunha área industrial en Regensburg (Alemaña).


Os gañadores recibirán o seu premio no marco da Bienal de Venecia, o 22 de setembro de 2020. O xurado do YTAA está composto por cinco especialistas de renome en representación de diversas escolas nos campos da arquitectura e a crítica arquitectónica de Bélxica, Ucraína, Reino Unido, Alemaña e España. Este ano, participan tamén escolas de Brasil, Chile e México, ademais de organizar unha edición independente para Asia.

O premio está organizado pola Fundació Mies van der Rohe co apoio do programa Creative Europe da Unión Europea, en colaboración coa Asociación Europea para a Ensinanza da Arquitectura e o Consello de Arquitectos de Europa; World Architects como socio fundador; o European Cultural Centre como socio en Venecia; o patrocinio de Jung, Jansen y Regent; e o apoio de USM.

Nesta terceira edición do Young Talent Architecture Award presentáronse un total de 383 proxectosde 478 estudantes de 138 escolas de arquitectura, urbanismo e paisaxe de 114 cidades diferentes e 33 países europeos ademais de Brasil, Chile e México. Na edición asiática a participación é de 135 proxectos de China, India, Xapón e Corea do Sur.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)