Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A refinería de Repsol na Coruña constrúe unha nova unidade de obtención de propileno grao polímero



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE MAIO DE 2020 · (0)



Precisan colocar unha columna de preto de 80 metros de altura na área de Nostián do complexo industrial. O propileno grao polímero é utilizado na industria química como materia prima para a elaboración dun material base na fabricación de material sanitario, papelería e industria téxtil.


Hoxe realízase o traslado do primeiro dos dous tramos que conforman a columna da nova unidade desde o porto exterior de Langosteira ata o complexo industrial, onde se procederá á súa instalación. O prazo previsto para a execución de toda a obra é de 8 meses.

Para a realización deste proxecto a refinería coruñesa inviste 29 millóns en conseguir aumentar a produción de propileno do complexo industrial un 35% e revalorizalo cun aumento da súa calidade en pureza, alcanzando unha produción anual estimada de 81.000 toneladas de propileno en grao polímero.

O novo investimento súmase aos traballos xa realizados na última parada de mantemento, finalizada hai unhas semanas, que contaron cun orzamento de 64 millóns de euros para melloras de eficiencia enerxética e medioambiente. Fixéronse tres proxectos que permitiron a redución de emisións de CO2 co melloras tecnolóxicas na planta e adaptándoa á última normativa europea existente. Permitirá mellorar a competitividade dun complexo industrial que é un dos principais motores da economía galega.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)