Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Mañá retómase o movemento na autoestrada do mar que une Vigo con Nantes-Saint Nazaire



REDACCIÓN · PUBLICADO O 21 DE MAIO DE 2020 · (0)



Tras o parón de Suardiaz -a navieira que explota o servizo- por mor da pandemia, o Porto de Vigo reinicia este venres 22 de maio a continuación da conexión. Polo momento unha única rotación cun único buque, o “Bouzas”, que partirá con coches con rumbo a Francia. A conexión con Tánxer aínda non se reactiva.


A próxima semana estará de volta na Terminal Ro- Ro, onde atracará con  semirremolques procedentes do país galo. Nun principio haberá barco os xoves e os luns, fronte ás tres frecuencias semanais de antes da declaración do estado de alarma, e operará un único buque e non dous e só no roteiro a Saint Nazaire.

A actividade da Autoestrada do Mar está estreitamente relacionada coa produción da fábrica de PSA Peugeot-Citröen en Vigo, que retomou a montaxe de vehículos o pasado día 13 de maio. Tras a volta ao traballo da planta viguesa, a imaxe da Terminal  Ro- Ro do Porto de Vigo deu un xiro de 180 graos: dunha campa practicamente baleira a unha chaira na que os coches fabricados en Vigo volven ser os protagonistas indiscutibles en Bouzas.

Evolución do tráfico mensual

Non obstante, hai que lembrar que o mes de marzo (últimos datos coñecidos a día de hoxe) pechouse cunha diminución do tráfico de automóbiles do -6,67%. Tivo partes moi diferenciadas en canto á evolución dos tráficos, todo iso debido á evolución da pandemia: unha primeira quincena cun gran crecemento e unha segunda quincena (coincidente coa proclamación do estado de alarma) cunhas considerables perdas de tráfico. Por países, obsérvase que nos últimos meses Bélxica constitúese como o principal destino das exportacións de vehículos. Descenderon os realizados con Francia, Italia e Marrocos.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)