Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha empresa galega desenvolve a primeira 'app' para móbiles que permite coñecer os establecementos máis seguros en relación á COVID-19



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE XUñO DE 2020 · (0)



“Localsafe” axuda a localizar os negocios da contorna e coñecer as medidas sanitarias, e conta con preto de 16.000 establecementos inscritos de toda España. “O virus xerou unha brecha de confianza que a aplicación pretende reducir. Un dos motivos do éxito é a confluencia dos esforzos de gran parte da sociedade”, explica un dos creadores, Diego González.


A galega de software Amodo Soluciones, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, vende a aplicación en App Store e en Play Store de Android. As empresas teñen que rexistrarse previamente na web www.localsafe.es. “A boa acollida débese á necesidade dos establecementos de dar a coñecer os seus esforzos e poder así ofrecer máis seguridade aos clientes para volver á actividade normal”, explica Diego.

Con ela pódense filtrar os establecementos segundo a actividade realizada e observar as medidas de seguridade habilitadas en cada un cun cómodo sistema de clasificación. A aplicación conta cun buscador de diferentes tipos de establecementos, un localizador daqueles que dispoñan do selo “Localsafe” preto e unha descrición de cada un con valoración dos usuarios.

Segundo as diferentes medidas os establecementos poden contar na aplicación con distintivos “Silver”, “Gold” e “Platinum”. “Todos os locais distinguidos terán implantadas as medidas mínimas de seguridade pero evidentemente algúns deles contan con medidas especiais que os usuarios deben coñecer, como é o caso dunha certificación por un organismo externo á empresa que teña verificado a implantación de protocolos específicos”, explica o xerente da firma. Varias institucións confiaron nesta iniciativa para acoller diferentes “marcas” de seguridade sanitaria.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)