Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Máis dun millón de euros para dez proxectos de investigación



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE SETEMBRO DE 2020 · (0)



É a cantidade que recibirá do Ministerio de Ciencia e Innovación o Centro de Investigación TIC (Citic) da UDC para este fin, que en total contará cun financiamento de 1.219.317 euros. Seis dos proxectos englóbanse no programa Retos Investigación, mentres que os outros catro corresponden á categoría Xeración de Coñecemento.


Así o confirma a resolución definitiva da Axencia Estatal de Investigación, pola que se conceden axudas correspondentes á convocatoria 2019 a “Proxectos de I+D+i”. Segundo se explica na convocatoria, a modalidade Retos Investigación está orientada á resolución de problemas vinculados aos oito grandes retos da sociedade incluídos no Plan Estatal de I+D+i 2017-2020. Pola súa banda, os proxectos do programa Xeración de Coñecemento están motivados pola curiosidade científica e teñen como obxectivo primordial o avance do coñecemento, independentemente do seu horizonte temporal e do seu ámbito de aplicación.

Os proxectos do Citic que obtiveron financiamento, e os seus investigadores principais correspondentes, son os seguintes: Aprendizaxe Automático Escalable e Explicable (Amparo Alonso Betanzos); Estudo das combinacións léxicas nun corpus académico de noveles para unha Ferramenta de Axuda á Redacción de Textos Académicos (Margarita Alonso Ramos); Detección temperá de intrusións e anomalías en redes definidas por software (Víctor Manuel Carneiro Díaz); Análise de estratexias para incorporar humanos ao proceso de aprendizaxe automático e a súa aplicación á investigación do cancro pancreático (Eduardo Mosqueira Rey); Avances en codificación e procesado de sinal para a sociedade dixital (Luis Castedo Ribas); Cuantificación e caracterización computacional de imaxe multimodal oftalmolóxica: estudos en esclerose múltiple (Manuel F. González Penedo); Avaliación e asesoramento para a mellor eficiencia e efectividade da tecnoloxía de apoio (Thais Pousada García); Visualización e exploración baseada en fluxos e analítica de Big Data espacial (Miguel Ángel Rodríguez Luaces); Desafíos Actuais en HPC: Arquitecturas, Software e Aplicacións (Juan Touriño Domínguez), e Métodos matemáticos e computacionais para novos retos en finanzas cuantitativas, medio ambiente, biotecnoloxía e enxeñaría (Carlos Vázquez Cendón).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)