Publicidade

Noite da enxeñaría en informática de Galicia


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Prevención da covid-19 en contornas laborais



REDACCIÓN · PUBLICADO O 20 DE NOVEMBRO DE 2020 · (0)



A CEL e a Deputación de Lugo organizaron unha xornada online que abordou as cuestións máis relevantes para evitar a transmisión do SARS-CoV-2 nestes ambientes, evitando así a proliferación da nova enfermidade. O papel dos aerosois ou o medo á vacina foron algúns dos temas abordados na primeira xornada.


A xornada abordou as cuestións máis relevantes para evitar a transmisión do coronavirus en contornas laborais, da man do médico especialista en Medicina do Traballo Santiago Díaz de Freijo, o director técnico do laboratorio Instituto de Estudos Celulares e Moleculares, Severino González, e o CEO de AMSLab, Manuel Lolo.

O doutor Díaz de Freijo resaltou na súa intervención os diferentes aspectos relacionados coa transmisión do novo virus, con especial atención á importancia da transmisión por aerosois, que vén de ser recoñecida hoxe polo Ministerio de Sanidade; as consecuencias da enfermidade, e a súa evolución e impacto durante as dúas ondas da pandemia, así como ás medidas que de forma xenérica cómpre adoptar nos centros de traballo para previr a covid-19.

O especialista lembrou que os tres alicerces da prevención son “o uso de máscara, a distancia social e a hixiene”, e para o control “a detección precoz e o rastrexo, para posterior illamento e seguimento de casos e establecemento de corentena dos contactos”. Destacou así mesmo que “bota de menos” que na actual estratexia de control, centrada na atención primaria e hospitalización, “se lle dea máis protagonismo ao ámbito sociosanitario, educativo e laboral, que poden colaborar coa asistencia primaria e facer que o sistema público de saúde chegue a colectivos aos que nestes momentos non chega totalmente”.

Pola súa banda, Severino González, de ICM, falou dos diferentes tipos de test que existen para a detección do SARS-CoV-2 e das vantaxes e inconvenientes que cada un posúe en relación ao control da enfermidade, tratando de resolver as dúbidas que se observan no público en xeral respecto deles.

Análise das medidas

A intervención de Manuel Lolo abordou tamén diferentes cuestións relacionadas co novo coronavirus e o labor da empresa que dirixe fai en relación á enfermidade que provoca, con especial atención a cuestións como as fórmulas para a desinfección, cales son adecuadas e cales non e como usalas correctamente para evitar danos á saúde, ou analizou diferenzas entre os distintos tipos de máscaras e como distinguir as que están correctamente homologadas.

Finalmente, na quenda de preguntas destacaron as dúbidas que aínda subsisten en relación ao uso de máscaras ou o medo á seguridade da vacina fronte á covid-19 unha vez estea dispoñible no mercado. Todo o contido da xornada pode volver a visionarse en Youtube grazas á gravación do Servizo de Audiovisuais da Deputación Provincial de Lugo.

Esta xornada forrma parte dun ciclo que continuará a semana próxima cunha xornada sobre o impacto da covid-19 para empresa no ámbito xurídico, na que intervirán José Antonio Varela Agrelo, presidente en funcións da Audiencia Provincial de Lugo; Cristina Pérez, de ICA Lugo, e Félix Méndez, avogado de Obradoiro Legal. A inscrición aínda está aberta.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)