Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cando pecha unha porta…



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE DECEMBRO DE 2020 · (0)



Moitos son os sectores que están a darlle unha volta aos negocios para seguir adiante. Como as compañías de artes gráficas, que viviron unha diminución das impresións polo peche temporal dos locais de restauración, o teletraballo e os estudos en liña. Pero medran novas posibilidades de negocio, como o mundo do "packaging".


“Os descensos na demanda producíronse principalmente na produción editorial. Pero pola contra, a elaboración de etiquetas, tarxetas e envases incrementouse”, asegura Andrés Barreto, COO (Chief Operating Officer) de Soloimprenta, con sede en Vigo

Como o comercio electrónico medrou maneira exponencial, empezou a explotarse a vertente dos materiais e envases de produtos enviados. Para finais de 2020 prevese que o mercado de embalaxes para comercios en liña alcance un valor de máis de 51.000 millóns de dólares a nivel mundial. E estímase que a demanda seguirá crecendo practicamente un 17% anual nos próximos cinco anos. “É importante realizar unha reestruturación completa da industria e adaptarse aos cambios. Desta maneira as empresas estarán máis preparadas para afrontar posibles crises nun futuro” asegura Barreto.

Soloimprenta foi fundada en 2012 por Juan Calvo tras detectar que o sector das artes gráficas seguía sendo moi tradicional e non terminaba de apostar pola dixitalización.  



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)