Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un novo confinamento, inviable



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE FEBREIRO DE 2021 · (0)



O Foro Económico de Galicia prevé que a economía galega medre entre un 4,8% e un 8,8% no 2021 pero advirte que de haber un novo peche como o de marzo-abril de 2020 "a economía podería caer  un 1,5% no conxunto de 2021".


Os escenarios prospectivos do Foro para o ano 2021 contemplan para Galicia dúas posibles evolucións dependendo fundamentalmente da evolución sanitaria, da velocidade e eficacia do proceso de vacinación e, de aí, da normalización da vida económica. A evolución máis optimista suporía un crecemento do +8,8% do PIB; e a pesimista un aumento do PIB no redor do +4,8%. 

Os autores deste traballo de previsións, os economistas Santiago Lago Peñas, José́ Francisco Armesto Pina, José́ María Da Rocha Álvarez,  Fernando González Laxe  e Patricio Sánchez Fernández , salientan que nas cifras anteriores non aparece recollido o impacto positivo dos Fondos Next Generation EU polas incertezas que existen ainda sobre os proxectos tractores que serán apoiados e a súa ubicación xeográfica, e tamén pola celeridade na execución. Deste xeito, supoñendo que o impacto en Galicia sexa homoxéneo respecto ao que o Banco de España ten cuantificado para a economía española, as cifras anteriores elevarianse, respectivamente, ata un +10,1% e un +5,4%.

O escenario máis optimista (nomeado Covid A +8,8%) está baseado no cumprimento das seguintes condicións: restriccións leves ou moderadas durante o primeiro e segundo trimestres de 2021 e pouco relevantes durante o resto dos trimestres do ano. Neste escenario suponse que a campaña de vacinación remataría durante o verán e, polo tanto, a productividade da economía recuperariase plenamente a partir do terceiro trimestre do 2021.

O escenario Covid-B (+4,8%) daríase no caso de que o impacto das restriccións fose medio-alto nos dous primeiros trimestres e que se mantivese parcialmente durante o verán.

Dúas partes diferenciadas

A primeira está centrada nos resultados do acontecido en 2020; e a segundaos autores do informe presentan as diversas previsións -das dispoñibles para 2021- e realizan a súa propia análise de prospectiva de posibles escenarios. Finalmente, os escenarios debullados non contemplan o efecto positivo xerado polos fondos NextGenerationEU, por dous motivos. Primeiro, pola incerte­za da parte que se vaia executar finalmente en 2021. Segundo, pola incerteza no que atinxe á parte dos mesmos que terá impacto territorial direc­to en Galicia. Sen coñecer que proxectos tractores y cando serán apoiados é difícil cuantificar o seu efecto.

Tomando como referencia os cálculos do Banco de España para o conxunto da economía española e supoñendo que o impacto na taxa de variación do PIB de Galicia estea na media para o conxunto de España, as taxas sinaladas nos dous escenarios poderían aumentar entre 0.6 e 1.3 puntos dependendo de que a execución dos fondos acumule ratrasos ou sexa rápida.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)