Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O medio rural galego busca novas oportunidades coa resina e as olivas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 27 DE ABRIL DE 2021 · (0)



Dous encontros online gratuítos organizados pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) amosarán en maio da man de especialistas o potencial da extracción da resina e do cultivo de oliveiras, ademais das axudas públicas para desenvolver estas oportunidades mediante cooperativas.


Durante os encontro,s que serán os días 4 e 6 de maio, persoas con experiencia nestas producións explicaráncomo é traballar en cada sector, e o persoal técnico de Agaca falará do proceso de acompañamento a emprendedores ademais das axudas públicas para o desenvolvemento de oportunidades de negocio no eido cooperativo. As persoas interesadas poden inscribirse, de balde, en www.agaca.coop ou no teléfono 981584783.

Os meetings online forman parte da Rede Eusumo –rede de colaboración impulsada pola Xunta para o fomento do cooperativismo con financiamento do Ministerio de Traballo– para facilitar proxectos cooperativos agroalimentarios considerados oportunidades de negocio e que busca non só crear emprego senón tamén a fixación de poboación rural. Este ciclo botou a andar en marzo cos Meetings sobre cultivos coma té, cánabo e castaña e a produción de porco celta. En total, máis de 170 as persoas emprendedoras que tomaron parte nos encontros xa realizados. Desenvólvense no marco da programación 2021 da Rede Eusumo,

  • Meeting extracción de resina: 4 de maio, de 10.00 a 14.00 horas. 
  • Meeting cultivo de oliveirais en Galicia: 6 de maio, de 10.00 a 14.00 horas.


Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)