Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Novas ideas para os drons



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE XUñO DE 2021 · (0)



A Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) presentan la 1ª edición da Liga Maker Drone, co fin de estimular o interese pola tecnoloxía entre o alumnado de terceiro curso da ESO de Galicia. Trátase da primeira competición a nivel autonómico en España para construír un sistema dron enfocado á solución dun problema social en particular.


José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié, e Carlos Calvo Orosa, director xeral do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), presentaron hoxe a primeira edición da Liga Maker Drone, unha competición na que os equipos participantes contarán cun dron, formación e orientación por parte da organización.

Dirixida ao alumnado matriculado en 3º da ESO en calquera centro educativo de Galicia durante o curso 2021-22, a liga, a través dunha experiencia participativa e estimulante, persegue os seguientes obxectivos:

Converter aos estudantes en actores activos das aplicacións tecnológicas, xa que busca estimular o seu interese, a súa creatividade e a súa autonomía.

Concienciarlles da relevancia da tecnoloxía, achegando a súa utilización nas aulas para o seu uso en cuestións da vida diaria.

Contribíir na orientación profesional do alumnado, a través da presentación práctica de diferentes disciplinas e as súas aplicacións.

Diseminar o coñecemento tecnolóxico de forma amigable, tratando de superar l percepción de materia complexa a través la utilización de n0vas formas participativas dentro da auga.

Contribuír á educación científico-técnica da sociedade mediante actividades demostrativas dos desenvolvementos realizados polo alumnado.

“A educación foi a pedra angular da Fundación Barrié dende a súa constitución hai xa máis de medio século. Dende entón, o obxectivo permaneceu, pero as nosas actuacións se foron adaptando aos tempos e ao progreso tecnolóxico para seguir adiantándonos ás necesidades e aos retos da nosa sociedade”, destacou José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié.

Pola súa banda, o director xeral do ITG, Carlos Calvo Orosa, incidiu en que tanto a tecnoloxía como a innovación constitúen “o motor que impulsa a actividad do Instituto Tecnolóxico de Galicia dende a súa creación no ano 1991”. “Somos Centro Tecnolóxico Nacional de referencia en dixitalización industrial, en sistemas aéreos non tripulados e en solucións relacionadas co medioambiente e a sostibilidade. Especialistas en xerar e transferir coñecemento, en crear valor en Galicia e dende Galicia, engadiu.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)