Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Círculo de Empresarios de Galicia amosa a súa preocupación polo futuro de Ence



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE XULLO DE 2021 · (0)



A súa xunta directiva analizou a resolución da Audiencia Nacional que anula a prórroga da concesión á empresa papeleira, e manifesta a súa “profunda preocupación pola negativa repercusión e os riscos que para a economía da provincia de Pontevedra e para Galicia tería o peche da factoría”.


Así se expresa a organización empresarial nun comunicado difundido hoxe, non que non só alerta das consecuencias en termos de emprego directo e indirecto, senón tamén da repercusión que tería este peche sobre o resto de sectores vinculados a esta actividade, principalmente o forestal, transportes e servizos anexos.

Respectando a resolución xudicial, que non quere entrar a valorar nin cuestionar, o Círculo alerta sobre as consecuencias do posible peche desta factoría, unha actividade que considera “vital para a economía de Pontevedra”. “Trátase dun paso máis no preocupante e desalentador proceso de desindustrialización que vén sufrindo a nosa comunidade autónoma, cos casos de Alcoa en San Cibrao, os estaleiros Barreras e Vulcano en Vigo, así como as empresas produtoras ou grandes consumidoras de enerxía como Endesa, Naturgy, Gamesa, que afectarán a miles empregos. Todo iso nun sector, o industrial que, en conxunto, se atopa moi por debaixo do peso medio que ten no PIB nacional, e nun momento no que, máis que nunca, se presenta a necesidade de reindustrializar o país”, expresa no seu comunicado.

Segundo denuncia a organización empresarial, esta situación engádese á crise que afecta como consecuencia da pandemia a distintos subsectores do sector servizos, entre os que cita o do turismo ou a hostalería, entre outros. “Todo isto non vén senón a confirmar o alto grao de inseguridade xurídica da economía española que, xunto coa farragosidade burocrática, sobre as que dende hai anos vén alertando o Círculo, e que colocan a España á cola dos países desenvolvidos á hora de atraer investimento e fomentar a creación de empresas e emprego. Unha situación para cuxa corrección deberiamos aprender de países limítrofes, cada vez máis atractivos incluso para as empresas galegas”, engade.

Traslado

A xunta directiva do Circulo di coincidir co conselleiro de Economía, Francisco Conde, en que o fallo sobre Ence é un golpe irreversible para Galicia, aínda que, a diferenza do que apunta o representante da Xunta, ve con escepticismo a posibilidade de que, mediante a utilización dos fondos europeos se pode abordar o traslado da planta a outro lugar. “Este fondos deben ser aplicados a potenciar investimentos de nova xeración e non a cubrir a industria instalada e inviable como consecuencia de actuacións administrativas irresponsables que perseguían o peche desta factoría”, sinala.

Por último, a organización empresarial subliña a fortaleza e o impulso que a empresa familiar, a pesar do grave impacto da pandemia e o maltrato burocrático que vén sufrindo por parte das administracións, mantivo nestes últimos anos, e fai un chamamento ás administracións e sectores sociais para que se impulsen políticas activas de industrialización, emprego e captación de investidores externos, mantendo e protexendo aqueles sectores do tecido industrial actual que viñeron mantendo índices positivos de actividade, e impulsando a creación doutros nuevos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)