Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Preto de 100 arquitectos e empresarios relacionados coa madeira confirman que sube o interese por construir con ela



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE NOVEMBRO DE 2021 · (0)



Hoxe celebráronse as XI Xornadas de Arquitectura e Deseño no Hotel AC Palacio del Carmen. Os estudos MAS Arquitectura, ARKKE Arquitectura e Proyectopía falaron da experiencia no emprego en diferentes disciplinas. Están a facerse produtos con madeira que experimentarán un incremento importante. Mesmo polímeros e alimentos para o gando. E en Vigo, xa se está experimentando nos automóbiles. 


Todos coincidiron en sinalar que, inevitablemente, o sector avanza cara a un tipo de construción máis eficiente e sostible e a madeira convértese no material idóneo. Organizada polo Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, CMD, coa colaboración da Axencia Galega da Industria Forestal e XERA, esta cita que se celebra cada dous anos é un esperado punto de encontro para o intercambio e a xeración de novas ideas.

De feito, púxose de relevo o incremento interese de promotores e clientes por novas construcións en madeira. Trátase dunha tendencia crecente onde este material natural e renovable apoiándose na innovación e tecnoloxía, ofrece as máximas posibilidades.

Ao termo das exposicións celebrouse unha mesa de debate, moderada polo profesor José Manuel Bermúdez, á que se incorporaron as empresas Madeiras Besteiro, Zume e Galopín Playgrounds para compartir a visión industrial. O debate puxo de manifesto a necesidade de traballar conxuntamente industria, arquitectos e deseñadores. E os profesionais coinciden en apreciar que a posta en marcha do novo centro de produción de madeira contralaminada que empeza a operar en Galicia é un claro exemplo desta aliñación entre oferta e demanda.

No Máster en Enxeñería da Madeira Estrutural, de PEMADE-USC, ensínase a facer infraestruturas de madeira, rañaceos. Estamos ante o mellor escenario para a madeira que se debe aproveitar, traballando conxuntamente para potenciar os seus novos usos e poñer en valor todas as características naturais e sostibles do material.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)