Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Piden que a apicultura sexa Patrimonio Inmaterial da Humanidade



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE MAIO DE 2022 · (0)



Mañá, 20 de maio, é o Día Mundial da Apicultura, e o Sindicato Labrego Galego–Comisións Labregas (SLG-CCLL) rexistraba onte na Consellaría da Cultura, a través do coordenador na área de montes Diego Sánchez Agra, a solicitude. Parte dunha estratexia a nivel estatal lanzada pola Coordinadora de Organizaciones de Agricultores y Ganaderos(COAG).


Segundo o último censo apícola elaborado polo Ministerio en 2021, hai 35.300 persoas apicultoras e 3.049.065 de colmeas, e o nivel de profesionalización desta actividade no Estado español é o máis alto de toda a Unión Europea. Sen embargo, o balance das últimas campañas apícolas é preocupante. “Detectamos un descenso da colleita de mel que supera o 40 %, e un aumento da porcentaxe de baixas próximo ao 50%. Ao contrario do que cabería supor, esta escasez non está a impedir que os prezos de venda estean por baixo dos custo de producción”, afirman dedne o SLG. E aumentan as importacións de mel foráeno, nomeadamente da China, que alcanza xa o 63% de todo o mel importado no Estado.

“Dende o SLG-CCLL instamos tanto á Consellaría, como á Xunta, apoiar esta campaña diante do Ministerio de Cultura, así como dos estamentos europeos e internacionais que correspondan”, explican nun comunicado. Canda o rexistro desta solicitude nas Consellarías de Educación de varios territorios do Estado,mañá presentarase no Ministerio de Cultura e Deporte 110.00 firmas de apoio á petición impulsada en Change.org. O pasado 11 de febreiro xa daba comezo unha campaña de recollida de sinaturas na plataforma Change.org que superou as 80.000 sinaturas en apenas 2 meses.

Segundo o Parlamento Europeo, o 76% da produción de alimentos e o 84% das especies de plantas dependen da polinización que realizan as abellas. No medio rural, ademais de fixar poboación, garante un mínimo potencial polinizador para que non decaia o vigor de moitas plantas e, por extensión, de todos os membros do medio que dependen destas plantas para perdurar. A polinización contribúe á rexeneración de ecosistemas e á conservación de especies ameazadas favorecendo a frutificación e a produción de sementes. No Estado español o beneficio en polinización, só no sector agrario, estímase que supera os 4.000 millóns de euros anuais. 

Por que é cada vez menos rendible

Ademais de polos baixos prezos e as importacións, porque as colmeas son máis difíciles de manter en condicións óptimas por culpa de patoloxías, efectos de praguicidas, e problemas ambientais e climáticos. Necesítase cada vez máis adicación e formación, só para manter vivas as colmeas. Esta situación coñécese xa como o “síndrome de despoboamento apícola”, e ten entre as súas consecuencias máis graves o déficit de polinización. Sen un apoio institucional, acentuaríase drasticamente o abandono da profesión e axiña se notaría a falta de colmeas para asumir a polinización de cultivos e plantas silvestres.

A través da solicitude rexistrada onte na Consellaría de Cultura, e trasladada mañá tamén ao Ministerio de Cultura, demándase a posta en marcha dun plan de viabilidade, integrado por estas cinco medidas:

1) Compromiso coa sanidade e a investigación apícola.

2) Compromiso coas axudas agroambientais á apicultura.

3) Compromiso co control da aplicación dos insecticidas dañinos para as abellas, establecendo ademais máis controis sobre o correcto uso dos produtos fitosanitarios en floración.

4) Compromiso coa protección da abella autóctona: Apis mellifera iberiensis -o Estado español é das poucas áreas do mundo onde aínda se mantén a raza de abella autóctona, e estamos a tempo de conservala.

5) Compromiso co control das importacións de mel adulterada ou outros sucedáneos, garantindo total transparencia na etiquetaxe dos meles, indicando claramente o país de orixe.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)