Berbés UVigo e o acondicionamento da Chaira do Horizonte no Rosal, finalistas dos Premios Arquitectura do CSCAE
21 finalistas, de entre 650 proxectos presentados, optan aos Premios do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España. Os galegos: Berbés UVigo de Elisabeth Abalo e Gonzalo Alonso, e a dos espazos públicos da Chaira do Horizonte, de Maria Fandiño. As gañadoras daranse a coñecer na entrega dos premios o mércores, 13 de xullo, ás 19:30 horas, en CaixaForum Madrid.
As 650 obras foron avaliadas por 3 comités que analizaron os traballos en cada un dos seus ámbitos. Esta primeira fase de selección tivo lugar nos Colexios Oficiais de Arquitectos. Despois elaboraron un informe non vinculante para o Xurado dos premios, que foi o responsable de escoller aos 21 finalistas e será quen tamén elixa as obras galardoadas.

A Universidade de Vigo, cuxo campus principal está a 10 quilómetros do centro urbano, propuxo a rehabilitación das tres construcións da imaxe superior, ubicadas no centro histórico. Inspíranse na construción naval, pero incorporan avances en I+d. “A elección do material e osistema construtivo permitiunos integrar na tradición local sen renunciar a certa dose de contemporaneidade” explican os arquitectos Elisabeth Abalo e Gonzalo Alonso A.
En canto aocondicionamento dos espazos públicos da Chaira do Horizonte, en Portecelo, no Concello do Rosal foi o proxecto da arquitecta María Fandiño Iglesias. A proposta nace de entender o territorio como un artificio elaborado e estuda polo miúdo os compoñentes para adaptar o proxecto á paisaxe: un elemento vivo que se completa co tempo coa vexetación, a xeomorfoloxía do lugar e o ecosistema.
A festa
As gañadoras daranse a coñecer na entrega dos premios o mércores, 13 de xullo, ás 19:30 horas, en CaixaForum Madrid. O evento finaliza cun cóctel no Real Xardín Botánico, poñendo en valor a Paisaxe da Luz, Patrimonio Mundial da UNESCO para dar por pechada esta primeira edición dos Premios Arquitectura. Os gañadores recibirán a escultura dos premios, o deseño ‘TOITS’ feita con Obsidiana COMPAC, cuxa carga mineral consta de vidro 100% reciclaxe e reciclable. En total entregaranse seis que recoñecen estes valore: sustentabilidade e saúde, Nova Bauhaus, compromiso social e ético, profesión, valores RE (Rehabilitación, Renovación e Rexeneración) e hábitat, e tres distincións especiais, o Premio de Arquitectura Española, o Premio de Urbanismo Español e o Premio Permanencia.
Comentarios (0)