Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A elite mundial en Intelixencia Artificial reunirase en Santiago de Compostela en 2024



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 01 DE AGOSTO DE 2022 · (0)



Alberto Bugarín, director do Grupo de Sistemas Intelixentes da USC e coordinador do grao en Intelixencia Artificial que comeza a impartirse en Galicia este setembro, con oculta a satisfacción: “resulta realmente excepcional que ECAI regrese a Santiago só catro anos despois da organización na cidade da edición de 2020, que houbo de celebrarse en formato completamente dixital”.


Foi toda unha experiencia porque en tan só uns meses reinventaron un congreso previsto como presencial, para convertelo nun encontro totalmente virtual… foi un fito; algo así como cambiar o motor do avión en pleno voo”, lembra Bugarín. Aínda así o congreso contou con máis de 5.000 participantes de 120 países no que se presentaron case 400 traballos de investigación. Desta vez todo será como sempre.

ECAI é o escaparate do estado de investigación e o desenvolvemento tecnolóxico en Intelixencia Artificial; a el acoden tanto empresas a nivel mundial como empresas de recente creación con modelos de negocio, produtos e servizos altamente innovadores. A cita de 2024 coincidirá, ademais, coa efeméride do medio centenario porque o primeiro ECAI tivo lugar en 1974, está entre os tres congresos máis importantes do mundo no campo da Intelixencia Artificial.

Ata a data, reuniu cada dous anos a elite científica internacional neste ámbito. Pero dado o interese e o avance constante o congreso abandonará proximamente se pasar a organizarse cunha periodicidade anual en vez de bianual. O encontro incluirá tamén mesas de debate, un programa específico para apoiar ao persoal investigador neste campo, e a presentación de novas empresas baseadas en IA.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)