Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cales son as axudas galegas para economía circular e dixitalización industria 4.0



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 04 DE AGOSTO DE 2022 · (0)



Os proxectos poden presentarse ata comezos de setembro. Poden ser individuais ou colectivos para implantar soporte dixital de procesos, proxectos de interconexión de dúas ou máis empresas; ademais de equipamento informático, software, e colaboracións externas. Prevense investimentos por valor de 12 millóns. Tamén haberá unha nova liña de axudas á loxística avanzada.


No apartado de economía circular hai unha nova liña para proxectos que poden expoñerse tamén de xeito individual ou colectivo, sendo a máxima subvención de 75.000 e 200.000 euros. Os obxectivos: redución do consumo de recursos no proceso produtivo, da xeración de residuos e da perigosidade e facilitar a reutilización e reciclaxe. 

Marisol Novoa, presidenta da CEO, presentaba esta mañá unha a xornada online para infomar destas axudas polo miúdo que esperou moito interese pois foron 250 as pemes que conectaron para atender ás explicacións de Norberto Penedo, director da área de Competitividade do Igape.  Penedo describiu a modalidade de proxectos colectivos e individuais que as empresas poden presentar entre os que se atopan os casos de empresas que queiran implantar sistemas de intelixencia artificial, interconexión de elementos físicos e virtuais, dixitalización de procesos concretos, big data ou ciberseguridade, entre un amplo abano de opcións.  E como novidade establece 3 tramos para equiparar a concorrencia competitiva, para proxectos de menos de 50.000 euros, os que se sitúan entre 50.000 e 120.000, e os que superan os 120.000 euros. O investimento por parte da Xunta é de 5 millóns de euros e o plazo de presentación de solicitudes remata o 8 de setembro.

No apartado de economía circular as metas son a análise do ciclo de vida do produto incorporando criterios de sustentabilidade nas compras, oportunidades de negocio que persigan a reutilización e reparación dos produtos, a redución do consumo de recursos cun cambio de enfoque na prestación dos servizos, a reparación avanzada e a creación de cadeas de valor máis curtas. Entre os gastos subvencionables: equipos e sistemas para monitorizar, seguir e controlar os parámetros produtivos e ambientais, hardware e software intelixente de cara ao aforro de recursos hídricos e enerxéticos. Esta liña subvenciona tamén a nova maquinaria e bens de equipo para o reciclaxe in situ de refugallos do proceso produtivo, e as colaboracións externas de carácter tecnolóxico para deseñar produtos ou procesos máis eficientes. Neste caso, o Igape destina millón e medio de euros para subvencionar proxectos que se poden presentar ata o 8 de setembro. 

A liña de axudas á loxística,  por publicar,  cubrirá a implantación de solucións para o transporte, almacenamento e posta a disposición de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, reducións de custos ou prazos de entrega, do impacto ambiental ou mellorar o servizo de entrega. Neste caso tamén se contemplarán proxectos colectivos e individuais de dixitalización e automatización, aplicacións e virtualización e analítica de datos. O investimento destinado será dun millón e medio de euros. 

Os obradoiros de dixitalización para organismos intermedios de carácter empresarial (asociacións, clusters ou centros tecnolóxicos) foron tamén abordados. Serán espazos de encontro entre empresas para explorar solucións e vías de colaboración que dean lugar a proxectos de implementación de ferramentas dixitais colaborativas. No caso ourensán a CEO traballou co sector vitinivícola para levar a cabo a transformación dixital das adegas, enoturismo virtual, telemetría, enerxía solar fotovoltaica, ecodiseño, rastrexabilidade, firma e factura electrónica ou cálculo da pegada de carbono.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)