Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Se queren que usemos máis coches eléctricos, compren máis puntos de recarga



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 21 DE SETEMBRO DE 2022 · (0)



O 72,2% dos galegos considera que é a primeira medida. Despois cómpren talleres especializados (42,5%), máis zonas acoutadas só a estes vehículos (35%) e, ao tempo, aumentar o número de carrís bici (35%). Mentres, a sueca Eurobattery Minerals peta nas portas da Xunta para aproveitar unha mina de cobalto, primordial nos coches eléctricos, que xa tiran mais del que calquera outra industria.


O 80% dos galegos non dispoñen aínda de vehículos de nova mobilidade. Malia que o titular sería que o 20% sí, dados os prezos. Con todo, o 74% deles terían un vehículo etiquetado como sostible para reducir a contaminación das cidades. As campañas, a concienciación e o negocio, todo suma.

Outros dos motivos para os enquisados aglegos como razón para cambiar de vehículo e tirar polo echufable: facilidade á hora de aparcar ou entrar en cidades que teñen un acceso restrinxido (35,1%), diminución de ruído (31,4%), vantaxes fiscais (31,4%), comodidade (25,93%) e redución de atascos (22,22%). 

Entre o 16 e o 22 de setembro celébrase a semana europea da mobilidade, que, como é previsible, xirará arredor dos novos e xa non tan novos xeitos do que dáse en chamar mobilidade sostible. Neste contexto a coñecida cadea Midas de mantemento do automóbil revela datos dunha nova onda do estudo #EllasConducen Sen Barreiras. E conclúese que o 68,52% dos galegos pensa que en Galicia non estamos preparados para as novas formas de mobilidade.

Mentres tanto Eurobattery Minerals peta nas portas da Xunta para poder aproveitar unha primeira mina de cobalto, tal e como comunicou aos seus investidores.  “A mina de níquel, cobalto e cobre no norte de España será clave á hora de entregar a materia prima extraída de maneira responsable que se necesita para a industria de vehículos eléctricos e enerxía”, dixo Roberto García Martínez, conselleiro delegado da empresa sueca. Tanto por escaseza como polo aumento na demanda nos últimos anos, estes recursos foron declarados, en boa lóxica, estratéxicos pola Unión Europea. A día de hoxe R.D de Congo é o meirande produtor.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)