Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Patrimonio Nacional confía de novo na coruñesa Altia para avanzar a súa dixitalización



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 21 DE SETEMBRO DE 2022 · (0)



O organismo público que coida os bens vinculados á Coroa de España, segue contando coa compañía tecnolóxica, pero agora faráo para o proxecto dun tramitador de expedientes chamado WECO. “Temos por diante un ilusionante reto”, di Nuria López, xefa do proxecto por parte da firma galega.


Os expedientes cos que traballan están relacionados coa Contratación e Recursos Humanos, pero conviven con outros como Actos Oficiais, que teñen lugar principalmente no Palacio Real de Madrid, ou de Restauración que xestionan os traballos sobre bens histórico-artísticos. De feito este proxecto comezou coa Restauración –Patrimonio conta cun equipo de máis de 40 persoas para manter en óptimo estado as coleccións e obras de arte- pero con posterioridade ampliouse.

Patrimonio Nacional, que depende do Ministerio da Presidencia, leva desde 2017 traballando coa empresa galega que lidera Tino Fernández, que foi tamén presidente do R.C Deportivo . “A gran diversidade de procedementos que inclúe WECO pode dar unha idea do enorme potencial que ten como tramitador de expedientes, da súa flexibilidade e da capacidade de adaptación a diferentes procedementos”, explica a xefa do proxecto. Esta plataforma, utilizada por máis de mil usuarios, conta cun orzamento de 175.000 euros.

Altia conta con anos de experiencia con WECO, como o Segundo Dividendo Dixital (DD2), que tramita un elevado volume de expedientes nun período de tempo limitado e que con determinadas funcionalidades que ofrece para realizar tarefas nos expedientes de forma masiva e fiable, facilita a tramitación de maneira moito máis áxil para os xestores.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)