Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Máis de 170.000 galegos



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 22 DE SETEMBRO DE 2022 · (0)



É a cifra redonde dos que, segundo a directora da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), María Victoria González, beneficiáronse en 2021 da baixada fiscal da Xunta no Imposto sobre Sucesións e Doazóns (ISD) e do programa Impostos Cero no Rural. Mentres, Montero di que haberá “imposto ás grandes fortunas” temporalmente dende xaneiro de 2023.


En plena discusión sobre a harmonización fiscal de Patrimonio e Sucesións (sempre cara arriba, nunca cara baixo) a Ministra de Facenda descolgábase esta mañá co vendible argumento de “que paguen máis os ricos”. Cando case sempre os que máis pagan son os pobres, que non poden escapar, as grandes fortunas saben ben como xestionarse.  

O presidente da Junta de Andalucía, Juan Manuel Moreno, abría a caixa dos tronos estes días anunciando que van eliminar o Imposto do Patrimonio seguindo o ronsel de Madrid. As comunidades que o manteñen queren que o resto vaia polo mesmo rego, como Cataluña e Navarra. No de Patrimonio, Castela e León e Galicia non teñen pensado implementar cambios.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reitera que Galicia obtivo 70 millóns de euros o ano pasado por este tributo, e dixo esta mañá que seguirá a súa “senda fiscal”, sen sentirse presionado despois de que Andalucía e Murcia, gobernadas tamén polo PP, uníranse esta semana a Madrid na bonificación total do imposto de Patrimonio. Que é fixado polo Goberno central pero que cada autonomía aplica coa bonificación que estima oportuna.

Onde hai baixadas fiscais galegas é no Imposto de Sucesións e Doazóns e no ITP-AXD,os fogares galegos aforraron en 2021 192 millóns de euros. Ou non pagaron, son cartos que quedaron en mans das familias. Ademais o 94% das autoliquidacións revisadas pola Administración galega non precisaron modificacións, “a inmensa maioría dos contribuíntes en Galicia pagan correctamente os seus impostos”.

Na comparecencia desta mañá na Comisión 3ª do Parlamento para presentar o Informe Anual da actividade da Atriga, María Victoria González concretou: 125.971 galegos recibiron unha herdanza, en morte ou en vida, o ano pasado “e non pagaron nin un euro polo imposto de Sucesións e Doazóns”. A isto hai que engadirlle que 26.934  aproveitaron o programa “Impostos cero no rural”, posto en marcha en 2016 para axudar a mobilidade de terras e fixar poboación.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)