Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A queixeira Queinaga poderá mellorar a súa factoría con 1,4 millóns de euros



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 17 DE NOVEMBRO DE 2022 · (0)



SAT Queinaga ampliará a fábrica de queixos que ten en Curtis (A Coruña) para a que precisa 3,2 millóns de euros nunha obra nova de ampliación de 1.577 m2 e unha reforma que inclué nova maquinaria. Ela é unha das 8 empresas agroalimentarias da área da Coruña que levan máis de 5 millóns de euros.


Queinaga naceu no ano 1993 e hoxe elabora 3.300 tm de queixos acollidos a DOP Arzúa-Ulloa, a DOP Queixo Tetilla e tamén queixos de produción ecolóxica. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e o xefe territorial da Consellería do Medio Rural, José Manuel Santos Maneiro, visitárona, xa que os cartos son parte das axudas que Xestiona a Xunta para investir en transformación e comercialización de produtos agrarios cofinanciadas cos fondos Feader.

Esta orde de axudas busca incentivar os investimentos en activos fixos materiais para instalacións situadas en Galicia de transformación e comercialización de produtos agrarios. No caso das subvencións son axudas para a execución, mentres as garantías para préstamos asumen o 80% do risco inherente a cada empréstito formalizado destinado a financiar os investimentos.

Para iso, foron suxeito de subvención actuacións como a construción, adquisición e mellora de bens inmobles, compra de terreos ata un valor inferior ao 10% do total dos gastos subvencionables. Tamén, estas achegas sufragarán a compra de maquinaria e equipamentos novos, a adquisición de programas informáticos e de patentes ou licenzas relacionadas cos procesos produtivos. Ademais, como novidade, deuse prioridade ás asociacións de produtores que se uniron para levar investimentos en común. Deste xeito, concedéuselles a máxima puntuación no apartado de beneficio a produtores dos criterios de valoración ás cooperativas agrarias galegas ou ás sociedades participadas maioritariamente (máis do 50%) por cooperativas agrarias galegas ou por asociacións e organizacións de produtores da nosa comunidade.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)