Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A psicoloxía galega reclama máis recursos para a atención á saúde mental de infancia e adolescencia



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 21 DE NOVEMBRO DE 2022 · (0)



Piden abordar esta realidade especialmente polo incremento constante rexistrado nos trastornos de alimentación, das condutas autolesivas e suicidas nestas idades, así como dun uso abusivo das redes sociais con todas as implicacións que iso conleva.


A necesidade de ofrecer unha resposta profesional tras constatar, por desgraza, a suba das necesidades desta poboación foi o punto de inicio das XXVII Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que celebráronse os días 17, 18 e 19 (xoves, venres e sábado) de novembro en Pontedeume, e nas que participaron máis de centro vinte psicólogos e psicólogas de toda Galicia e outros puntos de España.

A psicóloga clínica Paula Marcos, vicepresidenta da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG manifestou a necesidade de reflexión sobre “a resposta nas novas formas de sufrimento na nosa práctica clínica”, mentres que o presidente do Comité Organizador, o psicólogo clínico Gonzalo Martínez Sande, congratulouse da boa afluencia de profesionais chegados de toda Galicia a abordar a atención nunha das etapas evolutivas que se viu máis afectada polas limitacións que implicou a pandemia. Unha ducia de relatores e relatoras de recoñecida traxectoria, tanto a nivel galego, como doutros territorios do Estado, achegaron a súa experiencia profesional e investigadora sobre a saúde mental da rapazada.

O foco é amplo, xa que nas distintas mesas e conferencias falouse da familia e da relación cos demais rapaces e rapazas, así como do contexto escolar-académico, para facer unha aproximación sobre se os recursos actuais están adaptados para dar resposta a estes problemas emerxentes. O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, recoñeceu tamén ter preocupación pola saúde mental da poboación moza, “despois de case tres anos moi complexos e ata certo punto traumáticos”, e engadoi este pasado venres que a pandemia fixo “máis necesario aínda o labor da psicoloxía” mentres que o psicólogo clínico José Berdullas, destacou a “fortaleza do grupal, do comunitario” destas xornadas, e reflexionou sobre en que situación están os nenos e nenas nestes momentos, “que nos atrevamos a escoitalos e que nos cuestionemos como os escoitamos”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)