Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Coruña, sede dunha demostración práctica de uso de drons no ámbito sanitario



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 25 DE NOVEMBRO DE 2022 · (0)



O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e NTT DATA fixeron esta mañá unha simulación de como se xestionaría, de principio a fin, un servizo de loxística. Un dron recolleu medicinas no centro de saúde do Ventorrillo para o seu transporte de forma urxente ao centro de saúde dos Mallos


No traxecto desvíase e achégase indebidamente a outras aeronaves que están a realizar outras misións de transporte e vixiancia. A incidencia notifícase de forma automatizada e inmediata, permitindo que o supervisor do plan de voo emita unha orde de rectificación para o regreso do dron ao roteiro aprobado. Finalmente, deposita con éxito a súa carga no centro de saúde de destino. 

Este caso demostra que é posible, mediante drons non tripulados, mellorar significativamente as entregas nun recinto hospitalario, o envío de material, utensilios ou medicinas entre centros de saúde, evitando posibles problemas de tráfico. A situación, que pode chegar a ser cotiá nos ceos das nosas ciudades non tan lonxe, foi recreada hoxe polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e NTT DATA, para amosar as capacidades operativas que permite AIRUS, a plataforma tecnolóxica desenvolvida por ambas. Durante a presentación nas oficinas da Coruña de NTT DATA, expúxose este caso de para axudar a mellorar o tempo de transporte nas organizacións sanitarias, un proceso loxístico máis eficiente e de resposta moito menor.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía da Xunta, Francisco Conde, que estivo presente, dixo que “Galicia está a posicionarse para ser un referente no transporte intelixente do futuro con proxectos como a UMI Airus, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia”. A Administración autonómica destina 4 millóns de euros ás licitacións para implantar nas instalacións de Rozas (Castro de Rei) un laboratorio 5G e desenvolver sistemas de ciberseguridade que poidan ser empregados en futuros ensaios de aeronaves.

Enrique Sánchez, Responsable da división de Solucións aéreas non tripuladas en NTT DATA, sinalou que “a Unidade Mixta de Investigación deunos a oportunidade de axuntar as capacidades de ITG e NTT DATA, e resultado é AIRUS, unha solución que nos permite dar solucións a empresas, tanto a nivel nacional como internacional”, mentres que Analía López Fidalgo, directora de Sensórica e Sistemas Aéreos non Tripulados de ITG, engadiu: “desde o Instituto traballamos en solucións para os retos tecnolóxicos que presenta o O-space e a mobilidade aérea urbana, como son a convivencia dos drons entre eles e con outras aeronaves, a dixitalización da xestión do tráfico aéreo, infraestruturas de comunicación e vixiancia e o reto, non menor, como é a aceptación social deste novo tipo de mobilidade”. NTT DATA, desde a creación da súa oficina de Galicia no ano 2006, colabora estreitamente coa Xunta, do mesmo xeito que co Instituto Tecnolóxico de Galicia.

Unha vez que a lexislación o permita, esta plataforma tecnolóxica permitirá habilitar aerovías urbanas baixo demanda e en tempo real. Incorpora os últimos avances en enxeñería de tráfico de drons para proporcionar funcionalidades ao centro de xestión como a identificación e rexistro de drons, xeoposicionamiento, resolución de conflitos de plans de voo, seguimento e monitorización.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)