Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia, Comunidade Valenciana e Castela e León, as comunidades con máis axudas para os autónomos



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 29 DE NOVEMBRO DE 2022 · (0)



3,3 millóns de autónomos españois asumen como poden unha inflación do 10%. No caso galego a Xunta incluíu nos orzamentos de 2023 unha convocatoria de axudas por valor de 1.200 euros para paliar o incremento de custos enerxéticos, facturas e materias primas nos pequenos negocios.


Segundo o XV Barómetro de ATA, o 60% dos autónomos tivo que subir os prezos, o 90% ten agora máis gastos, o 75% considera negativa a tendencia económica española e o 60% dos traballadores por conta propia prevé un descenso maior da actividade do seu negocio durante os próximos meses. TaxScouts, unha plataforma en liña de presentación de impostos a autónomos e particulares, fixo un resumo coas principais vantaxes fiscais ás que se poden acoller os autónomos para facer fronte á inflación e na lista destaca Galicia.

“A inflación afectou a todos os españois e en especial aos traballadores autónomos, que apenas se empezaron a recuperar dos efectos da pandemia e agora enfróntanse a outra crise. Por iso resulta fundamental que estean atentos ás axudas que lles ofrece o Goberno e as comunidades autónomas para aproveitalas” afirma Jaume Suñol, Xeral Manager de TaxScouts España.

Axudas nacionais

Para aliviar o impacto desta situación desde o Goberno implementáronse dúas medidas que buscan reducir o impacto da inflación nos autónomos. A primeira delas consiste nunha redución dun 5% dos rendementos netos polos que tributan no rendemento neto de módulos, o que permitirá que 577.688 autónomos aforren 68 millóns, uns 9,8 euros ao mes de rebaixa fiscal por contribuínte,segundo os cálculos do Goberno. A segunda medida supoñerá un aumento en dous puntos (ata o 7%) da dedución por gastos de difícil xustificación isto beneficiará a 956.452 autónomos que verán reducida a súa factura fiscal en 116 millóns de euros e supoñerá unha rebaixa fiscal de 10,1 euros por mes e contribuínte segundo os datos do Goberno.

Galicia

No caso galego a Xunta incluíu nos Orzamento de 2023 unha convocatoria de axudas por valor de 1.200 euros para paliar o incremento de custos enerxéticos, facturas e materias primas nos pequenos negocios. Este novo programa únese a outras axudas do territorio que poden alcanzar ata os 30.000 euros. A iniciativa, que está dotada de 30 millóns de euros nos orzamentos de 2023, permitirá que os traballadores por conta propia poidan acceder ás axudas de 1.200 euros anuais de media. A cantidade final que poderán recibir os autónomos que resulten beneficiarios dependerá da intensidade do investimento que se levou a cabo. A contía mínima será de 3.000 euros, que corresponderá ao mínimo investimento financiable (fixada en 5.000 euros), e poderá alcanzar os 30.000 euros, naqueles casos nos que se chegou ao investimento máximo financiable (100.000 euros).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)