Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O profesor da UDC Ricardo Cao, Medalla da Sociedad de Estadística e Investigación Operativa



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE XANEIRO DE 2023 · (0)



O profesor da Facultade de Informática e investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), recolleu onte na sede da Fundación BBVA en Madrid a Medalla da SEIO pola “súa contribución sobresaínte en múltiples áreas da estatística”.  

 


Destacou a CITIC ademais o “seu liderado na coordinación de grupos de investigación e do comité de expertos de Acción Matemática contra o Coronavirus do CEMat do que foi nomeado presidente, e a experiencia na transferencia de coñecemento a outros ámbitos, como as ciencias da saúde ou a enxeñería naval”. O seu traballo céntrase na análise de datos funcionais e análise estatística de grandes conxuntos de datos con aplicacións a xenómica, neurociencias, epidemioloxía e oncoloxía, e un destacado recoñecemento internacional.

Cao Abad fomentou un amplo equipo de colaboradores internacionais, sendo membro moi activo de varias sociedades científicas internacionais, así como foi presidente de ECAS (European Courses in Advanced Statistics) e é membro electo do prestixioso Institute of Mathematical Statistics (IMS), sendo así recoñecida internacionalmente a súa contribución ao desenvolvemento da estatística. Foi editor xefe de TEST e actualmente é editor asociado, e foi tamén editor xefe e editor asociado doutras revistas internacionais de recoñecido prestixio. Desde marzo de 2020 é o presidente do comité de expertos da Acción Matemática contra o Coronavirus creado polo Comité Español de Matemáticas (CEMat).

Ao acto de entrega das medallas, acudiu o reitor da UDC, Julio Abalde, o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, o director do CITIC, Manuel González Penedo, e o investigador do grupo Modelización, Optimización e Inferencia Estatística, que coordina Ricardo Cao, Javier Tarrío Saavedra.

Marcos Ortega, Premio Nacional de Informática y Salud

O tamén profesor da Facultade de Informática da Universidade da Coruña Marcos Ortega Hortas recibirá hoxe á tarde en Madrid, o Premio Nacional de Informática y Salud da Sociedad Española de Informática de la Salud, premio ex aequo coa Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios. Ortega Hortas, Doutor en Informática, é investigador adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), e membro tamén do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC). Coordina o grupo de investigación de Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns (VARPA). As súas investigacións céntranse na visión dinámica, procesado de imaxe médica e informática médica. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)