Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Caruncho, Tomé & Judel incorpora dúas fichaxes



PUBLICADO O 30 DE MARZO DE 2016 · (0)



O despacho de avogados e esesores fiscais coruñés conta con novos profesionais para os departamentos de Internacionalización e Laboral: Cristina Fernández Collantes e Iago Pereiró Díaz. Cristina foi responsable do departamento fiscal do Grupo Caamaño e traballou na área Fiscal en Ernst & Young Avogados Madrid.


Cristina está especializada en fiscalidade internacional e ocupará o cargo de Directora do Departamento de Fiscalidade Internacional. Entre as súas funcións atoparanse a planificación fiscal internacional das empresas clientes do despacho galego ou o asesoramento fiscal en operacións multixurisdiccionais. Na súa experiencia destacan os seus no departamento fiscal do Grupo Caamaño e en Ernst & Young Avogados Madrid. No Departamento de Laboral chega Iago Pereiró Díaz, Diplomado en Relacións Laborais, como Director do Departamento Laboral. Cunha experiencia de máis de 10 anos,no seu novo posto encargarase da xestión directa de grandes contas, administración de persoal, seguros sociais e negociacións colectivas. Cursou o Máster en Dirección Comercial e Márketing na Escola de Negocios Caixanova e ademais desempeñou funcións de formador orientado a empregados.

Caruncho, Tomé & Judel conta cun equipo con máis de 30 anos de experiencia nos diferentes campos do Dereito e a Asesoría Fiscal. É o socio en Galicia de Hispajuris, a firma con maior implantación territorial en España con 40 sedes.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)