Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Popular, condenado a devolver os investimentos nos bonos subordinados



REDACCIóN · PUBLICADO O 03 DE MAIO DE 2016 · (0)



Dúas sentenzas da Comunidade de Madrid dan a razón aos afectados e anulan os contratos de subscrición dos bonos convertibles en accións. Este mes remata o prazo para facer as demandas.


Segundo explica o despacho coruñés de avogados Caruncho, Tomé & Judel "o perfil dos nosos clientes corresponde a un aforrador comerciante polo miúdo sen os coñecementos financeiros necesarios para contratar un produto destas características. De saber o risco que levaba a adquisición dos bonos, non a realizarían".

Dous xulgados da Comunidad de Madrid acaban de condenar ao Banco Popular a devolver de maneira íntegra o investimento realizado por dous clientes en bonos subordinados convertibles en accións, en total, 240.000 euros. No fallo recóllese ademais que a entidade terá que abonar os intereses legais desde a data de subscrición e as costas dos demandantes.

A demanda de maior importe ascende a 180.000 euros. E corresponde a un matrimonio de 67 anos que acumulou unhas perdas dun 80% ao contratar un produto que lles ofreceu como sinxelo e seguro similar a un depósito bancario. Os afectados non realizaron o test de conveniencia da maneira necesaria, polo que a entidade bancaria non podía ditaminar se o produto ofrecido encaixaba dentro do seu perfil investidor. Algo similar sucede no fallo da segunda sentenza, de importe de 60.000 euros. A afectada non recibiu a información necesaria para que os bonos contratados puidesen ser considerados convenientes para ela. As entidades financeiras deben administrar unha información comprensible sobre os seus produtos, algo que non sucedeu neste caso e así o considera o xuíz.

Este mes remata o prazo

Carlos Tomei, socio de Caruncho, Tomei & Judel, alerta do final dos prazos para a interposición de demandas. "Son moitos os afectados por estes bonos e sería conveniente presentar as demandas de nulidade en maio deste ano dado que se cumpre o prazo de caducidade de 4 anos tras a prórroga realizada polo Banco Popular para os Bonos Convertibles comercializados en 2009. Aínda sendo posible exercer unha acción legal con posterioridade, é conveniente non atrasar a demanda xa que facilitaría á entidade financeira un argumento de defensa en contra da nulidade".



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)