Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os españois gastan o equivalente ao 1,3% do PIB país en cervexa



REDACCIÓN · PUBLICADO O 24 DE MAIO DE 2016 · (0)



Beben ao ano 3.509 millóns de litros: 17.543 cañas ou 10.632 latas. E gastan 13.160 millóns de euros, un 3,4% do mundial nesta milenaria bebida. Os galegos non somos dos máis bebedores “da rubia”: os que máis son madrileños, valencianos, cataláns, baleares e canarios.


As cifras analizadas polo estudo de Constanza Business & Protocol School mostran que cada español maior de idade gasta nela 346,70 euros.

As Comunidades Autónomas nas que máis se gasta en cervexa son as máis poboadas: Andalucía, Cataluña, Madrid e a C. Valenciana, cunhas cifras de gasto de 2.221, 2.219, 1.936 e 1.500 millóns de euros, respectivamente. E nas que se bebe máis cervexa son igualmente Andalucía, Cataluña, Madrid e a C. Valenciana.  En palabras de Juan Aitor Lago, Profesor de Constanza Business & Protocol School e director do Departamento de Investigación e do estudo, “os españois son os quintos consumidores de cervexa a nivel mundial, cun consumo por habitante de 76 litros. O español foi capaz de manter o consumo e o gasto en cervexa a pesar da situación económica, e prevese que continúe así nos próximos anos”.

Polo mundo adiante

Os países que máis gastan en cervexa en global son China, Estados Unidos, Alemaña, Reino Unido e Rusia, os cidadáns que máis gastan nesta bebida por cabeza son os irlandeses, noruegueses, australianos, británicos e alemán; pero os que maior cantidade delan beben no mundo son checos, polacos, alemáns, irlandeses e españois.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)