Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os españois gastan ao ano en roupa infantil 1.764 millóns de euros



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE SETEMBRO DE 2016 · (0)



Os que máis invisten en roupa por menor de idade neste país son  asturianos, galegos e castellanoleoneses, con 273, 250 e 239 euros respectivamente.


Segundo Mª de las Nieves Pérez Verdú, Directora do Observatorio de Protocolo de Constanza Business & Protocol School e do citado estudo “o gasto creceu nos últimos anos, principalmente en mercados emerxentes, onde as familias poden investir máis nos seus fillos, tanto en alimentación como en educación como en roupa, e o máis probable é que siga sendo así no futuro”.

As cifras analizadas polo estudo de Constanza Business & Protocol School “O gasto en roupa infantil 2016” mostran como cada familia española gasta en roupa infantil 96,14 euros e o gasto neste tipo de pezas por menor de idade é de 209,45 euros.  

En palabras de Juan Aitor Lago, Director do Departamento de Investigación de Constanza Business & Protocol School, “o gasto en roupa infantil en España sufriu un descenso, principalmente debido á crise económica que afectou severamente á capacidade adquisitiva das familias españolas. Aínda que non esperamos grandes melloras nos próximos anos, cambios significativos na economía e, sobre todo, melloras importantes na capacidade adquisitiva das familias poderían dar a volta á situación. España é un país no que as súas familias centran os seus gastos, de maneira principal, nos seus fillos".



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)