Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Preto de 12.000 empresas e autónomos galegos utilizan ao ano os centros de negocio



REDACCIÓN · PUBLICADO O 28 DE OUTUBRO DE 2016 · (0)



Galicia cuenta con máis de 20 espazos de traballo que suman preto de 22.500 metros cadrados. O sector dos workspaces factura arredor de 400 millóns de euros ao ano e xera más de 3.000 postos de traballo en España.


ProWorkSpaces, a patronal de centros de negocio (antiga Asociación de Centros de Negocio- ACN), destaca que nos últimos anos o sector se modernizou, transformando os tradicionais business center en espazos máis dinámicos, vangardistas e xeradores de oportunidades comerciais. Os novos workspace aglutinan centros de negocio, oficinas xestionadas e espazos coworking.

Atendendo a esta nova realidade e á demanda dos profesionais, os centros profesionais ampliaron os seus servizos, nos que, ademais de recepción, secretariado e despachos, existen zonas de networking, tecnoloxía de última xeración, espazos coworking, aulas de formación ou salas para eventos, entre outros, algo que provocou que este sector medre no noso país a un ritmo do 15% nos últimos cinco anos.

As múltiples opcións de utilización e, por conseguinte, de tarifas, son outro dos factores que xogan a favor dos workspaces. Hoxe en día pode alugarse un despacho a media xornada, e incluso, só unha hora. “Isto supón un custo moi inferior ao que representan, por exemplo, os viveiros de empresas, onde tes un gasto fixo mensual por aluguer, e cun custo só un pouco por debaixo do de mercado”, apunta Eduardo Salsamendi, presidente de Proworkspaces.

Así mesmo, os gastos de investimento inicial para as empresas poden chegar a ser un 84% inferiores aos requeridos para instalarse nunha oficina tradicional e, en canto aos gastos fixos, o aforro estímase nun 76%, tal e como se comprobou no último estudo de mercado do sector realizado pola patronal xunto á consultora financeira Valfin.

Potencial de crecemento

Debido a esta estratexia de redución de custos, as múltiples opcións de utilización e o feito de entender o espazo como servizo, os workspaces posúen un gran potencial de crecemento no territorio nacional. Estes espazos son claves para o desenvolvemento económico e a xeración de negocio no noso país, un sector que en España factura arredor de 400 millóns de euros ao ano e que xera máis de 3.000 postos de traballo.

No noso sector considerámonos como os hoteis das empresas. Abarcamos todos os eidos da actividade empresarial: dende autónomos, pemes e startups ata multinacionais que utilizan os nosos espazos pola súa boa ubicación e a profesionalidade dos servizos que ofrecemos”, sostén Salsamendi.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)