Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O sector inmobiliario impulsará o PIB español un 2,3% en 2017



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE FEBREIRO DE 2017 · (0)



Tras a crise económica que afectou a todos os sectores do noso país, a situación dos mercados mellora notablemente. Estímase que o PIB pode elevarse un 2,3% en 2017 e u


Outro factor relevante é a boa marcha do sector turístico en España. Tras acoller máis de 68 millóns de turistas internacionais en 2015, esta actividade bateu récord neste país con máis de 70 millóns de turistas durante 2016. Un aumento do 11,1% respecto ao ano anterior, que se estima que continuará durante este ano.

Volvendo ao sector inmobiliario, o pasado mes de xuño constituíronse 25.274 hipotecas sobre vivendas, un 15,5% máis que no anterior exercicio, o que representa un incremento anual do 7,5%. O capital prestado rexistrou un incremento do 24,2% respecto a xuño de 2015, acadando os 2.843,7 millóns. Por outra banda, a compravenda de vivendas aumentou un 16.4% no primeiro semestre de 2016, acadando as 207.593 transaccións. A venda de vivendas mantivo a súa tendencia de crecemento o pasado exercicio, apoiada pola creación de emprego, o aumento do crédito e as previsións en canto ao incremento dos prezos”, comenta Luis Gualtieri, socio fundador de Oi Realtor, compañía especializada na compra, venda e aluguer de vivendas de luxo.

Xunto a ese incremnto das vendas, a tradicional fonte de demanda de vivendas por parte de estranxeiros aumentouse, representando o 13,38% do total de compra de inmobles. Tal e como afirma Gualtieri, “a creación de emprego e a mellora nas condicións de financiamento proxectan unhas espectativas moi favorables e optimistas de cara aos próximos 12 meses”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)