Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Alejandro Ramos leva un premio de investigación SCIE-Fundación BBVA



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE XUñO DE 2017 · (0)



O investigador posdoutoral do CiTIUS da USC creou a ferramenta GALiWeather, que acumula máis de 13 millóns de visitas online. Traduce diariamente a previsión meteorolóxica para os 314 municipios da comunidade dunha maneira flexible e precisa, atendendo aos matices de xeito moi semellante a como o faría unha persoa.


O pontevedrés é un dos seis doutores de menos de 30 anos -doutorouse en Tecnoloxías da Información o pasado mes de decembro- distinguidos  na I Edición dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España-Fundación BBVA.

A principal contribución do seu traballo é que, por primeira vez, aplicáronse teorías de conxuntos borrosos ao ámbito das tecnoloxías de tradución automática de datos a texto, un paradigma que ofreceu como resultado un sistema capaz de converter automaticamente a linguaxe natural os datos de carácter numérico-simbólico empregados por MeteoGalicia.

A tese supuxo tamén unha achega científica moi relevante no eido teórico, xa que por primeira vez propón a colaboración de dúas disciplinas que tradicionalmente non traballaran de maneira conxunta: a intelixencia computacional e a xeración de linguaxe natural. “Teñen un potencial de relación que ata o de agora non se aproveitara”, afirma Alejandro. O traballo abriu unha liña de colaboración internacional coa Universidade de Aberdeen (Escocia), á que se incorporará proximamente o Instituto de Lingüística da Universidade de Malta.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)